Vicerreitoría do Campus de Ourense - Universidade De Vigo

Campus convida

Campus ConVida

¿Que é "Campus da Auga ConVida"?

"Campus da Auga ConVida" é un proxecto que aposta por crear, a través da investigación, a formación e a sensibilización, un entorno educativo que reforce e promova condutas e estilos de vida saudables entre a comunidade universitaria. O obxectivo é converter á Universidade de Vigo nunha institución referente no compromiso coa mellora da saúde e da calidade de vida e integrada na Rede Española de Universidades Saudables (acordo de adhesión do 26 de marzo do 2009).

O proxecto, que se iniciou no curso 2010/2011 cunha iniciativa piloto no Campus de Ourense financiada polo Consello Social, comezou a dar o salto aos campus de Pontevedra e Vigo durante o curso 2013/2014 poñendo así a primeira pedra para chegar a ser un proxecto transversal de toda a Universidade.

   No curso 2014/2015 o proxecto reoriéntase lixeiramente para poñerse en liña co Plan Estratéxico de Especialización do Campus de Ourense. Deste xeito cambia a súa denominación a “Campus da Auga Convida” e gañan peso aspectos relacionados coa auga e os estilos de vida saudable (termalismo, hidratación, deportes acuáticos, balneoterapia,...)

¿Quen somos?

O proxecto "Campus da Auga ConVida" está a ser desenvolvido por unha comisión técnica aprobada polo Consello de Campus na cal se integran especialistas nas diferentes áreas de coñecemento relacionadas coa promoción dos estilos de vida saudables. O obxectivo é chegar a contar cunha visión global e integradora dos diferentes elementos e ámbitos que contribúen á promoción da saúde entre a comunidade universitaria. Esta comisión está actualmente formada por:

  • Virxilio Rodríguez Vázquez, vicerreitor do Campus de Ourense
  • Javier Rial Boubeta, responsable do servizo de deportes da Universidade Vigo
  • Román Lago Bea, coordinador das actividade de deporte e saúde do Campus de Vigo
  • Rodrigo Alberte Pivida, técnico responsable do servizo de deportes do Campus de Ourense
  • Jose María Failde Garrido, área de coñecemento en Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
  • Julia de la Montaña Miguélez, área de coñecemento en Nutrición e Bromatoloxía
  • Guillermo Santos Santos, delegado da empresa responsable das actividades de deporte e saúde do Campus de Ourense
  • Mª Reyes Pérez Fernández, profesora da Escola Universitaria de Enfermería do Campus de Ourense.
  • Yolanda Rodríguez Castro, área de coñecemento en Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos

¿Que facemos?

Curso 2015-2016

●  VI Programa de Actividades do Campus ConVida

Durante o curso 2015/2016 desenvolvéronse dúas novas quendas dos Martes Saudables, as rutas culturais, o programa Ponte en Forma, os cursos de habilidades persoais do gabinete psicopedagóxico ou obradoiros como o de cociña saudable ou o de corresponsabilidade.

Curso 2014-2015

●  V Programa de Actividades do Campus ConVida

Durante o curso 2014/2015 estamos a desenvolver a 6ª e 7ª edición dos Martes Saudables, nos cales mantense a aposta pola expansión aos Campus de Pontevedra e Vigo. Ademais, as Rutas Culturais, o Programa Ponte en Forma, os cursos de habilidades persoais do gabinete psicopedagóxico ou o Obradoiro de cociña saudable repítense un ano máis tralo éxito das edicións anteriores.

Consulta no seguinte enlace toda a información sobre as actividades:

V Programa de Actividades do Campus da Auga ConVida

Curso 2013-2014

●  IV Programa de Actividades do Campus ConVida

No 2º cuadrimestre do curso 2013/2014 desenvolveuse a 5ª edición dos Martes Saudables, na cal mantense a aposta pola expansión aos Campus de Pontevedra e Vigo coa realización dun total de tres xornadas nestes campus e cinco no campus de Ourense. Ademais, as Rutas Culturais, o Programa Ponte en Forma, os cursos de habilidades persoais do gabinete psicopedagóxico ou os Obradoiros de Cociña Saudable, Sexualidade e Identidades, Promotores de Saúde ou Técnicas de Superviviencia e Escalada repetiranse tralo éxito das anteriores edicións.

Consulta no seguinte enlace toda a información sobre as actividades:

IV Programa de Actividades do Campus ConVida

Curso 2012-2013

        • II Programa de Actividades do Campus ConVida

          Durante o curso 2012 /2013 continuamos co desenvolvemento de actividades como os Martes ConVida (2ª e 3ª edición), as Rutas Culturais ou o Programa Ponte en Forma. Ademáis puxemos en marcha novas iniciativas como o  Obradoiro de Formación de Persoas Mediadoras en Saúde e o Obradoiro de Cociña Saudable, a Feira Campus ConVida, os debates sobre sexualidade e saúde dos “Luns a Debate” ou os cursos de habilidades persoais organizados polo gabinete psicopedagóxico.

          Consulta no seguinte enlace toda a información sobre as actividades do II Programa de Actividades Campus ConVida e os resultados dos Martes ConVida:

          II Programa de Actividades Campus Convida

          Resultados Martes ConVida ano 2012-2013(Área de Alimentación)

Curso 2011-2012

  • I Programa de Actividades do Campus ConVida

    Durante o curso 2011/2012 puxéronse en marcha diferentes actividades relacionadas coa promoción da saúde e enmarcadas dentro do Proxecto Campus ConVida. Entre elas destacaron os Martes ConVida onde calquera persoa da comunidade universitaria puido avaliar os seus estilos de vida saudables e recibiu asesoramento sobre como melloralos.

       Consulta no seguinte enlace toda a información sobre as actividades do programa e os resultados dos Martes ConVida:

    I Programa de Actividades Campus Convida

    Resultados Martes ConVida ano 2011-2012(Área de Alimentación)

  • I Concurso de Iniciativas Saudables

    Durante o 1º cuadrimestre, en decembro, do ano 2011, realizouse un concurso entre toda a comunidade universitaria que consistiu en propoñer iniciativas, ideas ou proxectos relacionados co desenvolvemento dun campus máis saudable (actividade física e alimentación saudables, consumo de alcohol, tabaco e outras drogas, conduta sexual responsable, educación viaria e coidado do medio ambiente). Valorouse de xeito especial a viabilidade e orixinalidade das propostas así como que estas puidesen ser levadas a práctica.

    Bases do concurso

    Acordo do Xurado

Curso 2010-2011

  • Diagnose Inicial

    En marzo, do ano 2011, realizouse un estudo de diagnose que permitiu avaliar a situación de partida da comunidade universitaria no referente aos seus estilos de vida saudables. Para acadar este fin elaborouse unha enquisa con preguntas sobre saúde xeral, consumo de alcohol, hábito tabáquico, alimentación, actividade física, conduta viaria, satisfacción académica e conduta sexual, e seleccionouse unha mostra representativa do alumnado de 1º curso, do PDI e do PAS do Campus de Ourense.

    Os primeiros resultados obtidos das investigacións correspondentes ao alumnado de 1º curso identifican os ámbitos da alimentación, o consumo de alcohol e tabaco, a actividade física realizada e as relacións sociais como os ámbitos de actuación prioritarios para a mellora dos estilos de vida desta poboación.

    No seguinte enlace podes consultar os resultados da investigación:

     Resultados do estudo de diagnose inicial

Publicacións científicas

Artigos en revistas

● De la Montaña J, Castro L, Cobas N, Rodríguez M, Míguez M.: Adherencia a la dieta Mediterránea y su relación con el índice de masa corporal en universitarios de Galicia”. Revista de Nutrición Clínica y Dietética Hospitalaria. 2012. 32(3):72-80.

● Míguez M, Castro L, Collins A y De la Montaña J.: “Variaciones en la dieta de universitarios gallegos (Campus de Ourense) con relación al patrón cardioprotector de la dieta Mediterránea”. Revista de Nutrición Hospitalaria. 2013. 28(6):2099-2106.

Presentacións en congresos

●XII CONGRESO INTERNACIONAL DE CIENCIAS DO DEPORTE E DA EDUCACIÓN FÍSICA. (Pontevedra, 2-4 de xuño do 2016): "Actividad física e ingesta emocional en estudiantes de la Universidad de Vigo". Santos Santos G., González González T., Alberte Pivida R., De la Montaña Miguélez J., Míguez Bernárdez M.

● XXI CONGRESO DE LA SOCIEDAD DE NUTRICIÓN Y DIETÉTICA DE GALICIA. (Santiago de Compostela 4 y 5 de abril de 2014): ¿Es la dieta de los estudiantes de la Universidad de Vigo cardioprotectora? (Comunicación póster). Míguez Bernárdez M, Santos Santos G, Rodríguez González M, De la Montaña Miguélez J y Alberte Pivida R.

● XXI CONGRESO DE LA SOCIEDAD DE NUTRICIÓN Y DIETÉTICA DE GALICIA (Santiago de Compostela 4 y 5 de abril de 2014): Percepción de la imagen corporal e indicadores antropométricos en relación al nivel de actividad física en estudiantes de la Universidad de Vigo (Comunicación póster). Santos Santos G, Alberte Pivida R, De la Montaña Miguélez J, Rodríguez González M y Míguez Bernárdez M.

● X CONGRESO NACIONAL DE CIENCIAS DEL DEPORTE Y EDUCACIÓN FÍSICA. (Pontevedra 8-10 mayo del 2014): Estilos de vida saludable en un grupo de universitarios: actividad física y alimentación (Comunicación póster). Santos Santos G, Míguez Bernárdez M, De la Montaña Miguélez J, Rodríguez González M y Alberte Pivida R.

Traballos fin de Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos

Estado nutricional y actividad física en universitarios: influencia de las emociones relacionadas con la ingesta de alimentos. Tamara Gonzalez Fonzalez. Curso 2014-2015 (Directores Montserrat Míguez Bernárdez y Guillermo Santos Santos)

Imaxe corporal e calidade da dieta en estudantes da universidade de vigo. Paula Fernandez Diz. Curso 2014-2015 (Directores Montserrat Míguez Bernárdez e Julia de la Montaña Miguélez)

Composición corporal y actividad física asociadas a la autopercepción de la imagen corporal en estudiantes de la Universidad de Vigo. Ánxela Pérez García. Curso 2013-2014 (Directores Guillermo Santos Santos y Montserrat Míguez Bernárdez)

La dieta de los estudiantes de la Universidad de Vigo: adherencia al patrón mediterráneo y su relación con el estado ponderal. Isabel Paz Dacal. Curso 2013-2014 (Directores: Julia de la Montaña Miguélez y  Montserrat Míguez Bernárdez)

Albume de Fotos

      Facebook do Servizo de Deportes


Arquivo de Prensa

   Unha mala dieta, pouco deporte e todos insatisfeitos co seu físico (DUVI, 03/05/2016)

●    Mellorar a calidade de vida é cuestión de dez minutos de atención. (DUVI, 08/03/2016)

●    Entre aula e aula, unha visita para “curarse en saúde”. (DUVI, 28/02/2016)

●    Os Martes Saudables despídense por este ano despois de atender a máis de 600 persoas (DUVI, 01/12/2015)

●    El chequeo entre clase y clase en el Campus de Pontevedra. (Diario de Pontevedra, 18/11/2015)

●    Los Martes Saludables revisan los hábitos de vida de los alumnos de Enfermería. (Faro de Vigo. Edición Ourense, 14/10/2015)

●    O Día das Universidades Saudables celébrase cunha peza de froita. (DUVI, 07/10/2016)

●    A Rede Española de Universidades Saudables creará un banco de recursos para compartir experiencias de promoción da saúde (DUVI, 1/06/2015)

●     Os Martes Saudables despiden o curso lembrando a importancia dos bos hábitos de vida (DUVI, 19/05/2015)

●     A Universidade participa na posta en marcha dunha rede europea de campus saudables para combater o sedentarismo (DUVI, 15/05/2015)

●     Nin comida emiocional nin prácticas sexuais de risco (DUVI, 12/05/2015)

●     15 obradoiros para pasar as tardes no Campus (DUVI, 23/01/2015)

●     O Campus ConVida intégrase no proxecto do Campus da Auga (DUVI, 18/12/2014)

●     Comer ben non custa nin tempo nin traballo (DUVI, 29/10/2014)

●     Ciencias Sociais analiza el estado de salud de los pontevedreses (Diario de Pontevedra, 29/04/2014)

●     El pulso del ingeniero  (La Voz de Galicia, 04/04/2014)

●     Revisión del estado de salud y de la dieta en el campus (Edición Ourense) (Faro de Vigo, 25/03/2014)

●     Revisión del estado de salud y de la dieta en el campus (Edición Ourense) (Faro de Vigo, 25/03/2014)

●     Éxito de los martes con vida en el campus (Suplemento Vida) (La Región, 02/03/2014)

●     Guía para mejorar hábitos de vida en el Campus (La Región, 25/02/2014)

●     Os Martes ConVida atenderon este cuadrimestre a máis de 350 persoas (DUVI, 04/12/2013)

●     Un campus «ConVida» (La Voz de Galicia, 27/11/2013)

●     O de hoxe foi un Martes ConVida no campus de Vigo (DUVI, 19/11/2013)

●     Os Martes ConVida dan o salto aos demais campus da Universidade (DUVI, 15/10/2013)

●     Contra a violencia de xénero, accións todo o cuadrimestre (DUVI, 10/10/2013)

●     Un campus moi animado pero mal alimentado (DUVI, 26/09/2013)

●     Do Ribeiro ao Morrazo, once rutas para 'patearse' o sur de Galicia (DUVI, 23/09/2013)

●     El campus se hizo fiesta para recibir el curso (La Región, 26/09/2012)

●     Los estudiantes del campus comen mal, beben demasiado y hacen poco deporte (Faro de Vigo, 18/07/2012)

●     Que almorzas antes de vir ao campus? (DUVI, 19/03/2013)

●     El Campus divulga hábitos saludables entre los universitarios (La Región, 15/03/2012)

●     Os Martes ConVida revisan a saúde da comunidade universitaria (DUVI, 30/10/2012)

●     Un curso por diante para mellorar as capacidades persoais e académicas (DUVI, 05/10/2012)

●     Diversión e información para empezar o curso de xeito saudable (DUVI, 25/09/2012)

●     Últimos días para participar no Concurso de Iniciativas Saudables (DUVI, 13/01/2012)

●     Un concurso de universitario busca proyectos de vida saludables (La Región, 08/01/2012)

●     Campus ConVida recibe propuestas hasta el día 16 (La Región, 08/01/2012)

●     El campus apuesta por hábitos más saludables (La Región, 13/12/2011)

Vicerreitoría do Campus de Ourense | Campus As Lagoas | C.P. 32.004 | Ourense | España