alumnado

Descrición


O pavillón de estudantes é un edificio dependente da Vicerreitoría do Campus de Ourense destinado a albergar as asociación universitarias, beneficiarias en convocatoria pública dun espazo no devandito edificio. Ademais de constituir a sé destas asociación de estudantes, dispón dunha sala común na que poder levar a cabo múltiples actividades. Recentemte rehabilitado, o pavillón de estudantes ten a vocación de converterse no lugar de encontró do estudantado do Campus Universitario de Ourense, aberto ao desenvolvemento de actividades, eventos, reunións.

Contacto


Pavillón de Estudantes

Campus As lagoas s/n
+34 988 387 101
(Conserxería do Edificio de Facultades)

Este edificio tamén dispón du espazo exterior para que o estudantado poida organizar actividades ao aire libre. Para iso, no almacén do pavillón de estudantes existen dúas carpas coas que poder celebrar estes eventos aínda que as condicións meteorolóxicas sexan desfavorables. A celebración de actividades no exterior, así como o uso das carpas requiren da autorización dende a vicerreitoría do Campus de Ourense.


Dereitos e deberes


Conforme ao estipulado na resolución pola que se convocan espazos compartidos no Pavillón de Estudantes do campus universitario de Ourense para as asociacións de estudantes universitarios, os dereitos e deberes dos beneficiarios destes espazos son os que seguen:

A asignación de espazos compartidos implica a posibilidade de uso de armarios (ou taquillas) individuais de cada asociación, casilleiros individuais para a recepción de correspondencia, uso de espazos comúns para reunións, taboleiros de anuncios, liñas telefónicas con acceso exterior á Universidade por medio de tarxetas prepago e uso de terminais informáticos compartidos con acceso a Internet.

Entregarase a cada asociación un xogo de chaves de acceso xeral ao pavillón de estudantes, de acceso ao despacho no que se ubique o seu posto e de acceso á taquilla. O presidente de cada asociación é o responsable último do uso que se faga das mesmas. O horario de uso dos espazos do pavillón de estudantes estenderase, con carácter xeral, das 8:00 h. ata as 22:00 h., todos os días agás os festivos e fins de semana, nos que non se poderá acceder ao edificio. No caso de que puntualmente sexa necesario permanecer no edificio fóra do horario ou días establecidos, o presidente da asociación deberá comunicalo vía correo electrónico á Vicerreitoría do Campus de Ourense (vicou@uvigo.es), indicando o motivo e o tempo no que se prolongará ese uso fóra do horario e/ou días habilitados con carácter xeral.

É responsabilidade das asociacións ás que se lles asigne espazos no pavillón de estudantes velar polo adecuado mantemento e conservación dos espazos do devandito edificio, do mobiliario, equipamento informático e teléfonos), a través dun uso coidadoso e respectuoso dos mesmos. As asociacións tamén serán as responsables de comunicar á Vicerreitoría do Campus de Ourense verbalmente ou mediante escrito as seguintes incidencias co fin de, atendendo á dispoñibilidade orzamentaria, proceder á súa subsanación:

  • Incidencias de climatización, limpeza, telefonía.
  • Incidencias cos sistemas de acceso, renovación de mobiliario ou pintura.
  • Incidencias informáticas.

No caso de que as persoas pertencentes a unha asociación beneficiaria dun espazo no pavillón de estudantes non fagan un uso responsable das instalacións, mobiliario e demais material do pavillón de estudantes, a comisión á que se refire a base 6. da presente convocatoria poderá acordar o desaloxo da devandita asociación. A comisión poderá requirir, de ser necesario, informes aos diferentes servizos administrativos dos que depende o pavillón de estudantes. Todo isto sen prexuízo do establecido no artigo 41 do Regulamento de estudantes da Universidade de Vigo, aprobado polo Claustro da Universidade de Vigo na súa sesión do día 3 de abril de 2001.

A perda da condición de asociación universitaria na Universidade de Vigo leva aparellada a perda do dereito a usar o espazo asignado, de ser o caso, no pavillón de estudantes.


Convocatoria de espazos



Asociacións usuarias do Pavillón de Estudantes


Listaxe de asociacións