alumnado

¿Existe algún portal coa información relativa á matrícula nas titulacións da Universidade de Vigo?

Si, toda a información relativa á matrícula en titulacións oficiais na Universidade de Vigo está dispoñible no portal de matrícula.


¿Como debo acceder ao sistema de automatrícula?

Segundo sexa o teu perfil recomendámosche acceder dalgún dos seguintes xeitos:

  • Son un alumno que accedo por primeira vez a primeiro curso dunha titulación de Grao (alumnos procedentes CIUG)
    Se te queres matricular por primeira vez na Universidade de Vigo e accedes a primeiro curso dunha titulación de grao terás que acceder a: automatrícula alumnos de primeiro por primeira vez.
  • Son un alumno que accedo por primeira vez á Universidade de Vigo e non estou no caso anterior
    Se aínda non tes conta de usuario na Universidade de Vigo porque accedes por primeira vez a algunha das súas titulacións (preinscrición en Másters, matrícula en Graos ou Másters, etc.) terás que acceder a través da web de automatrícula.
    Deberás identificarte co teu documento de identidade e elexir un contrasinal de polo menos 6 caracteres.
  • Son un alumno que xa teño conta de usuario na Universidade de Vigo
    Neste caso accede á Secretaría virtual, identifícate, e logo preme na icona da aplicación "Consulta de datos académicos / Automatrícula".

Teño dúbidas ou problemas para automatricularme

Calquera dúbida, incidencia, problema, etc. relacionada coa matrícula ou automatrícula débela consultar na secretaría do teu centro.

Na web de matrícula atoparás uns epígrafes onde podes obter os datos de contacto dos centros.

1. Se non dispós aínda de NIU, preme aquí e segue os pasos como se mostra na imaxe.

2. Se esqueciches os teus datos de acceso (NIU ou contrasinal de acceso) podes recuperalos premendo aquí, pediráseche a conta de correo alternativa que indicaches ao matricularte.

<

Xa podes activar a túa conta de correo do tipo usuario@alumnos.uvigo.es que serve para acceder a:

  • Rede sen fíos (WIFI)
  • Correo electrónico da universidade
  • Servidor web de reenvío (proxy) para acceso a publicacións electrónicas
  • Acceso autenticado a páxinas web

REQUISITOS PARA A ACTIVACIÓN DA CONTA DE USUARIO

Para poder dispoñer dunha conta de usuario, compre que sexas alumno con matrícula en vigor da Universidade de Vigo, e ter os datos de acceso á Secretaría Virtual:

  • NIU : Número de 12 díxitos que se usa como identificador de acceso á Secretaría Virtual. No caso de que o usuario dispoña de tarxeta univesitaria (TUI) o NIU ven impreso na parte inferior da mesma.
  • Clave de acceso á secretaría virtual
  • Número de DNI, pasaporte ou documento identificativo empregado na Secretaría Virtual

ACTIVACIÓN DA CONTA DE USUARIO

  1. Fai clic aquí e deberías ver una páxina coma a que se mostra na imaxe:
  2. Na parte dereita, OUTROS MEDIOS DE AUTENTICACIÓN, selecciona o NIU para continuar
  3. Introduce os datos que se solicitan na seguinte imaxe:

    Introduce o teu novo contrasinal no apartado correspondente.
    REQUERIMENTOS DO CONTRASINAL: Mínimo 8 caracteres incluíndo maiúsculas e minúsculas, polo menos un número e algún simbolo (recomendamos "," "." ou "-")

Este formulario é tamén o mecanismo empregado en caso de perda ou esquecemento do contrasinal para restablecelo a un novo valor.

¿Que diferencia hai entre o NIU e a tarxeta universitaria?

O NIU é un número asignado á túa persoa e que che permite identificarte para acceder a diversas aplicacións que a Universidade de Vigo ofrece a través de Internet. Tamén che permite obter unha conta de correo da Universidade de Vigo.

A tarxeta universitaria é unha tarxeta emitida polo Banco Santander ás persoas que pertencen á comunidade universitaria. É completamente independente do NIU, aínda que unha vez a solicites o teu NIU será estampado nela.


¿Que podo facer coa tarxeta universitaria?

Podes atopar toda a información relativa ao seu uso premendo aquí


¿Onde solicito a tarxeta universitaria?

Se non dispós da tarxeta universitaria poderás solicitala nunha oficina do Banco Santander. Deberás acompañar a túa solicitude dunha fotografía tamaño carné.


Hai tempo que solicitei a tarxeta e non me chega

Se hai tempo que solicitaches a tarxeta universitaria nunha oficina do Banco Santander e aínda non che chegou envíanos unha incidencia indicándonos os teus datos.

A Universidade de Vigo ten implantada unha rede sen fíos que se extende a tódolos centros de tódolos campus, nembargantes pode haber certas zonas de sombra onde poida non haber cobertura. A rede foi deseñada para que funcione cos sistemas operativos máis usados así como dispositivos móbiles coma teléfonos ou tabletas.

É necesario subliñar que a rede sen fíos ‘alumnos’ non está encriptada, isto é, as conexións van en claro polo aire, polo que un usuario/a avanzado podería chegar a ver as comunicacións. Isto avísase para que os usuarios/as utilicen a rede sen fíos con precaución. Recomendamos encarecidamente abrir unha páxina de tipo https (por exemplo https://correoweb.uvigo.es) ao facer a primeira conexión, de este xeito os datos de conexión irán encriptados.

Para conectarte á wifi de calquera centro da Universidade de Vigo precisarás ter unha conta usuario@alumnos.uvigo.es. Sigue estes pasos:

  1. Elixe a rede alumnos das que teñas dispoñibles.
  2. Unha vez che apareza a mesaxe "Conectado a alumnos" abre un explorador web (Internet Explorer, Firefox, Chrome,...) e acepta o erro de certificado engadindo a excepción.
  3. 3.Aparecerache o portal cautivo onde debes facer clic en "Log In Now"

    e introduce os teus datos:
    Identificador: usuario@alumnos.uvigo.es
    Contrasinal: clave_da_conta_de_correo

    Cando recibas a mensaxe "Acceso permitido" xa terás acceso a Internet.

As plataformas de teleformación da Universidade de Vigo, correspondentes aos programas activos (excepto Curso Cero), son de acceso restrinxido. Os destinatarios son os alumnos/as matriculados nas materias oficiais da Universidade de Vigo, que teñen a correspondente materia creada en Faitic, ou ben alumnos/as matriculados en programas especiais, como títulos propios, másters ou formación de posgrao virtual, para o que disporán dun código de usuario e un contrasinal.


ACCESO

Para conectarse á plataforma, basta con dispor dun ordenador con conexión a Internet, que dispoña dun navegador web. O acceso poderán realizalo desde calquera ordenador situado en calquera parte do mundo. Ademais, a Universidade pon a súa disposición unha completa rede de aulas de acceso a Internet (preme aquí para acceder á lista), dotadas de ordenadores, desde as que poden realizar esta conexión.

O acceso realízase a través da páxina web http://faitic.uvigo.es/, desde onde se redireccionará ao programa desexado.

Para o alumnado, o código de usuario e contrasinal inicial, por defecto, é o seu número de DNI (sen incluír a letra do NIF nin outros signos de puntuación). Tras a primeira conexión, o sistema leva ao alumno á páxina de modificación do perfil, na que poderá modificar o seu contrasinal (opción conveniente dada a pouca privacidade do número de DNI), e engadir a súa foto e información persoal, se o estima conveniente.

En certos casos, o código de usuario e o contrasinal pode variar, o que será comunicado de forma fidedigna ao interesado.

É importante que inclúa a dirección de correo-e que utilice habitualmente, xa que lle permitirá recuperar o contrasinal, en caso de extravío, ou recibir información do seu profesorado de forma personalizada.

Co inicio de cada curso escolar, eliminaranse todos os códigos de acceso, que serán recuperados no momento en que se matriculen do novo curso.


CURSO CERO

Mención especial require o programa Curso 0, destinado a proporcionar información ao alumnado preuniversitario, xa que o acceso a esta plataforma é libre. Para poder entrar basta con rexistrarse previamente, xerando unha conta cun código de usuario e contrasinal, a elección do alumno. Posteriormente deberá inscribirse nos cursos que desexe, que se amosan na lista agrupados por facultades.


SOFTWARE

Para poder visualizar algúns contidos de certos cursos, pode ser necesario dispor, adicionalmente, de software (normalmente gratuíto) que permita a visualización dos arquivos, como poden ser un lector de arquivos en formato PDF, visor de animacións Flash (Macromedia), visores de formatos gráficos, de vídeo ou audio, etc.


¿Que debo facer cando esquezo o contrasinal, o nome de usuario, non son capaz de acceder á plataforma ou non vexo os meus materiais?

A forma máis rápida de solucionar esta incidencia é póndote en contacto connosco no teléfono 986 811 974. Tamén podes enviarnos un correo-e ao enderezo faitic@uvigo.es.


¿Cales son os requisitos técnicos para usar as plataformas de teleformación?

Toda esta información podes obtela facendo clic aquí.

Non podo acceder á secretaría virtual, dime que "Algún dos datos introducidos é incorrecto"

Para acceder á Secretaría Virtual debes introducir o teu documento de identidade e indicar o tipo (NIF/NIE/Outro documento).

Aínda que polo de agora podes introducir o teu documento sen a letra final recomendámosche que o introduzas en formato normalizado, con letra, sen puntos nen guións, e completando con ceros pola esquerda, por exemplo:

NIF: 00123456A
NIE: X0012345A


Esquecín o contrasinal de acceso á secretaría virtual, ¿que podo facer?

A forma máis rápida de recuperar o teu contrasinal é premendo aquí.

Deberás introducir o enderezo de correo electrónico que tes asociado á túa conta e enviarémosche un correo coas instrucións para recuperalo.


Quero consultar o meu expediente académico

A forma máis sinxela de consultar o teu expediente académico é que te identifiques na Secretaría Virtual co teu NIU e clave. Unha vez que accedas disporás dun acceso directo á aplicación "Consulta de datos académicos / Automatrícula" que che permitirá acceder á aplicación na que consultar o teu expediente académico.


¿Cómo podo descargar o meu expediente académico en PDF dende a secretaría virtual?

A única forma de obter o extracto do teu expediente en formato PDF é instalando un software de impresora virtual que permita convertir calquera documento a PDF. Existen diversos programas gratuítos que podes empregar, por exemplo PDF Creator, CutePDF Writer, Free PDF, etc.


Hai cualificacións que non vexo no meu expediente da secretaría virtual

Nos estudos de grao hai dúas oportunidades para superar cada materia. Se non superas unha materia na convocatoria ordinaria (primeiro semestre ou segundo semestre) poderás presentarte na convocatoria extraordinaria (mes de xuño).

Debido a que os suspensos nas convocatorias ordinarias son provisionais, esta información non se reflexa no expediente do estudante ata obter a cualificación definitiva na convocatoria extraordinaria.

Existen determinados casos en que algunhas aplicacións disponibles vía web teñen o acceso ás mesmas limitado a direccións propias da Universidade de Vigo, por motivos de seguridade na meirande parte dos casos.

Para que os usuarios que por motivos do seu traballo necesiten acceder a estas aplicacións dende os seus domicilios disponse dun servidor de reenvío (servidor proxy) que permite que os usuarios que estean autorizados se conecten a este servidor para obter esas páxinas. Este servidor proxy conéctase ó servidor web de destino para obter as páxinas e envía as páxinas ó usuario. De todos xeitos o servidor proxy só da un servizo adecuado cando as aplicacións ás que se accede son vía web e non manexan de forma directa as conexións HTTP (usando algún tipo de control Active X ou Applet) senón que fan as peticións de páxinas a través do navegador (que é o máis habitual).

O usuario únicamente ten que configurar no seu navegador o servidor de reenvío que quere empregar, que será o proporcionado polos servizos informáticos de investigación con este fin, e que é o seguinte:

Servidor: proxy.uvigo.es
porto: 3333

Unha vez configurado o navegador para que empregue o servidor de reenvío o uso de este é transparente para o usuario, que accede ás páxinas do xeito normal. Neste documento indícase cómo configurar o emprego dun servidor de reenvío dende Netscape Communicator ou Internet Explorer.

Tanto nun como noutro caso a primeira vez que se acceda a este servidor de reenvío despois de abrir o navegador este pedirá ó usuario un nome de usuario e contrasinal. Deberá indicar o nome de usuario e contrasinal que teña no servidor de correo correo.uvigo.es.

Con algúns navegadores a primeira vez que consulte unha páxina despois de configurar o navegador e autentificarse co servidor proxy aparecerá un erro. Probe a cargar de novo a páxina, amosarase de xeito correcto.

Para que o acceso sexa posible este usuario ten que ter os permisos necesarios para poder empregar este servizo. En principio todos os usuarios con conta de correo en correo.alumnos.uvigo.es teñen acceso a este servizo.

En caso de que teñan problemas co acceso a este servidor poden contactar co administrador do mesmo, na dirección proxy@uvigo.es (ou admon@uvigo.es), xustificando a necesidade de empregar este servicio.


Normas e caracterísitcas de emprego do proxy

Configuración do proxy nos navegadores

Convalidación de estudos e materias

Consultar o procedemento na secretaría de cada centro (directorio de centros).


Titulacións, mestrados e cursos impartidos no Campus de Ourense

Directorio de estudos.


Traslado de expediente a outra Universidade

Consultar na secretaría do centro ou universidade de destino (directorio de centros).


Procedemento de acceso e admisión á Universidade

Información no Área de servizos a comunidade (SIOPE)


Expedición do título académico

Consultar na secretaría do centro correspondente (directorio de centros).


Información alumnado de programas de intercambio (Erasmus)

Consultar na oficina da ORI (Oficina de Relacións Internacionais)


Información sobre o Mestrado para o profesorado de ESO, bacharelato, FP e ensino de idiomas

988 368 893 | popinfo@uvigo.es


Información de contacto persoal universitario

Directorio telefónico | Directorio de correo electrónico