alumnado

O Programa de Maiores e un proxecto educativo dirixido á poboación adulta que pretende favorecer a súa incorporación á vida universitaria a través de programas de formación paralelos ás ensinanzas regradas.

Deste modo ofrecemos aos nosos maiores a posibilidade de incentivar as relacións interxeracionais, así como contribuír ao seu enriquecemento humano e cultural, proporcionando os instrumentos necesarios para garantir a formación ao longo de toda a vida, e o seu desenvolvemento persoal e social.

Destinatarios

Todas as persoas maiores de 55 anos que non accederon á universidade ou que si o fixeron e manteñen a ilusión por seguir aprendendo despois de completar a súa actividade profesional.

Acceso

Para o seu acceso non é necesario ter unha titulación previa, só é necesario ter ganas de seguir coñecendo, de descubrir novos horizontes e de compartir a súa experiencia persoal e profesional con outras persoas.

Contidos

O Programa de Maiores consta de dous ciclos formativos:

Ciclo Intensivo

É un programa deseñado para mellorar a calidade de vida das persoas maiores, ofrecéndolles un espazo axeitado para o intercambio de coñecementos e experiencias de tipo científico e cultural, e favorecendo un estilo de vida activo e saudable.

Ciclo Integrado

O ciclo integrado ten como obxectivo fundamental o fortalecemento das relacións interxeracionais. Este ciclo integrado permítelle ao alumnado cursar materias pertencentes a diferentes titulacións oficiais da Universidade de Vigo.


Coordinación do Programa

Alberto Vaquero García

Fac. CC Económicas e Empresariais
+34 988 368 762
cpmourense@uvigo.es

Servizos Administrativos

Edificio administrativo
+34 988 387 102 | +34 988 387 165
siope-ou@uvigo.es