Coro

Vinde vivir connosco a maxia do coro

O Coro Universitario do Campus de Ourense, Schola Cantorum, nace coma tal no curso académico 2009/2010 baixo os auspicios da Vicerreitoría do Campus despois dun período de catro anos funcionando coma un obradoiro cuadrimestral de canto. Está dirixido desde a súa fundación por Xabier Álvarez e formado por 35 cantores entre os que hai membros do alumnado, profesorado, persoal laboral e antig@s alumn@s da Universidade de Vigo. O seu repertorio caracterízase pola variedade de estilos, épocas e culturas e incorpora músicas populares universais, galega, sacra, música pop e bandas sonoras moi coñecidas cunha especial atención aos compositores corais contemporáneos.

Entendemos o coro coma un espazo de encontro humanístico, artístico e formativo; coma un punto de encontro interxeracional de toda a comunidade universitaria e aberto tamén á sociedade ourensá.

Información de Contacto

Aula de Música - Edificio de Facultades
(lúns e xoves de 20:00 h. a 21:30 h.)
+34 636 290 479
coro.ourense@uvigo.es
xabimusic@hotmail.com


Compoñentes do coro
Curriculum do Director
Repertorio
Historial
Protocolo de actuacións
Estatutos