cultura

D-ou-tras é o grupo de danza dirixido por trasPediante que se desenvolve na Universidade de Vigo, no Campus de Ourense, dende o curso 2010-2011. Cada ano, impártense clases de danza e creación escénica. Trabállase unha peza escénica e móstrase en distintos festivais universitarios ou amateurs no mes de abril.

Abrangue obradoiro de danza, obradoiro de creación e participación en Festivais e circuitos de danza interuniversitaria.

Traballamos diferentes técnicas de danza contemporánea e entrenamento fisico básico. A medida que avanza o curso traballase creación corporal propia, e peza escénica para as e os participantes que queiran actuar nos festivais.

No 2011 o grupo partciou na Miteu en Ourense, no Fiteu na Coruña e no festival Unidanza de Madrid presentando a peza "Ancoraxe".

Durante o primeiro cuadrimestre do CURSO 2011-2012 participamos na 8 MOTI e asistimos a espectáculos de danza no auditorio de Ourense.


Máis Información

Doutras