cultura

Á procura de UNISON

UNISON é o nome que recibe o programa musical que con vocación de estabilidade e permanencia se organiza dende a Vicerreitoría do Campus de Ourense para todo o curso académico. Haberá un ciclo de concertos por cuadrimestre, coa pretensión de ofrecer unha actuación musical cada mes nalgún espazo do Campus de Ourense. Achegaremos propostas diferentes no que a estilos musicais se refire, transitando dende o pop ao folk, pasando pola clásica, visitando o rock, a música tradicional, o blues, e cantos outros xéneros poidades e queirades imaxinar. Música interxeracional, na que se combinarán artistas e grupos xa consolidados con novas realidades ou proxectos incipientes. UNISON será unha fiestra para a música feita en Galicia, sempre aberta ao mundo, aberta a coñecer -a partir da propia realidade- outras formas de facer e de sentir.

UNISON fálanos, pois, dunha conxunción de xentes diversas que se xuntan formando unha mesma voz. UNISON suxírenos a forza universal do propio son, do orixinal, do diferente. UNISON reivindica a pertenza ao territorio ao que nos une o palpitar de cada notación musical. UNISON é unha chamada á cidadanía para que se apropie da súa Universidade, visitándoa en cada un dos concertos. UNISON reafírmanos na nosa identidade como universitarias e universitarios, sempre ao servizo da sociedade na que nos inserimos.


Programación UNISON - 1º Cuadrimestre 2015-2016


Álvaro Pérez e Celia Adrián

24/09/2015 | 12:00 h.
Edificio Politécnico


Maskarpone

22/10/2015 | 20:00 h.
Sala Emilia Pardo Bazán do Edificio de Facultades

Banda do CMUS

26/11/2015 | 20:00 h.
Sala Emilia Pardo Bazán do Edificio de Facultades


Banda das Crechas

15/12/2015 | 20:00 h.
Sala Marie Curie do Edificio Politécnico

 

Programación UNISON 1º Cuadrimestre 2015-2016

Programación UNISON - 2º Cuadrimestre 2015-2016


Encontro Coral Solidario

01/06/2016 | 20:30 h.
Auditorio Municipal

Coma espellos dun calidoscopio

07/06/2016 | 20:00 h.
Sala Emilia Pardo Bazán do Edificio de Facultades