Área de Física e Ciencias do Espacio

A área de Física e Ciencias do Espazo (FI) xunto coas áreas de coñecemento propias da física moderna, como a Física Cuántica, Relatividade Especial e Xeral e as súas diferentes aplicacións á estrutura da materia e do universo, inclúense tamén tópicos como Biofísica, Óptica, Sistemas Complexos, Fenómenos non-lineais, Nanotecnoloxía, Computación Cuántica.

Liñas de Investigación

Área de Ciencia e Tecnoloxia de Materiais

A área de Ciencia e Tecnoloxía de Materiais (TM) aborda un campo multidisciplinar que inclúe varias áreas da ciencia e a enxeñaría en torno a propiedades físicas macroscópicas dos materiais (relacións estrutura-propiedades e deseño de propiedades específicas) en canto a súa aplicación en obras, máquinas, ou produtos necesarios ou requeridos pola sociedade. Inclúe elementos da química e física, enxeñaría química, mecánica, civil e eléctrica, así como a nanociencia e a nanotecnoloxía nos aspectos relativos a nanoestruturas e nanomateriais. Materiais para a enerxía, eléctricos, magnéticos, estructurais, polímeros e biomateriais, cerámicos, de construción, ópticos e fotónicos.

Liñas de Investigación

Área de Agricultura

A Área de Agricultura (AGR) inclúe todos os ámbitos dirixidos a contribuir á sustentabilidade dos sistemas agrarios e naturais, dende o máis fundamental ata o máis aplicado, sendo obxecto de estudo os cultivos herbáceos, leñosos e os sistemas forestais. As actividades de investigación inclúen estudos sobre as interaccións solo-auga-planta-atmósfera en relación coa produción e calidade dos cultivos, efectos de estreses bióticos e abióticos e estratexias para o mantemento dos cultivos en condicións adversas, mellora xenética de plantas e recursos fitoxenéticos, fisioloxía e biotecnoloxía vexetal, e sistemas agroforestais e economía agraria.

Liñas de Investigación

Área de Ciencias da Terra

Á Área de Ciencias da Terra (CT) correspondenlle as investigacións sobre o sistema terrestre, incluíndo a historia e evolución da Biosfera, Litosfera, Hidrosfera e Atmósfera, as súas interaccións, o seu estado actual e a súa posible evolución futura. As CCT integran diversas disciplinas básicas para o estudo dos problemas complexos, ben sexan de natureza básica ou aplicada, que presenta a Tierra a distintas escalas espaciais e temporais. Engloba ciencias como Climatoloxía, Edafoloxía, Estratigrafía, Xeodesia, Xeofísica, Xeoloxía Estrutural, Xeomorfoloxía, Xeoquímica, Hidroloxía, Meteoroloxía, Mineraloxía, Oceanografía, Paleontoloxía, Petrografía, Petroloxía, Sedimentoloxía, Sismoloxía, Tectónica ou Vulcanoloxía.

Liñas de Investigación

Área de Bioloxía Vexetal, Animal e Ecoloxía

Á área de Bioloxía Vexetal, Animal e Ecoloxía (BVAE) correspondelle o ámbito de investigación sobre a diversidade dos organismos vivos e cómo estos evolucionan e interaccionan no marco da biosfera. Consideranse os aspectos estructurais, funcionais e dinámicos a distintas escalas espacio-temporais da bioloxía de organismos e ecosistemas.

Liñas de Investigación

Área de Ciencia e tecnoloxía dos Alimentos

A área de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos (TA) inclúe as investigacións enfocadas ao estudo da caracterización da calidade dos alimentos incluíndo as bases físicas, químicas e bioquímicas; microbioloxía e biotecnoloxía dos alimentos, obtención, biodispoñibilidade e avaliación de ingredentes funcionais en alimentos, nutrixenómica, seguridade alimentaria, desenvolvemento de novos produtos e procesos tecnolóxicos na industria alimentaria e desenvolvemento de técnicas analíticas avanzadas.

Liñas de Investigación

Área de Tecnoloxía Química

A Área de Tecnoloxía Química (TQ) aborda a investigación dirixida á procura de melloras na concepción ou no funcionamento das operacións físicas, químicas ou bioquímicas que compoñen os procesos industriais así como á investigación de novos procesos alternativos. Tamén inclúe a I+D en tecnoloxías e procesos medioambientais dirixidos a diminuir a contaminación en orixe ou a paliar os seus efectos. Todo iso utilizando criterios de sustentabilidade, é dicir conxugando a viabilidade económica, social e medioambiental.

Liñas de Investigación

Área de Historia e Arte

No ámbito da Área de Historia e Arte (HA) inclúense todas as disciplinas por épocas -Prehistoria, Historia Antiga, Medieval, Moderna e Contemporánea- e especialidades -Historia de América, Historia da Ciencia, Estudos Árabes e Islámicos e Estudos Hebreos e Arameos-, xunto coa Arqueoloxía e as Ciencias e Técnicas Historiográficas, a Teoría da Historia e a Historiografía. O ámbito de Arte reúne Historia da Arte, Estética e Teoría das Artes, Historia da Música, do Cine e dos Medios Audiovisuais, Composición arquitectónica, Urbanística e Ordenación do Territorio, Escultura, Pintura e Debuxo, así como as ciencias e técnicas relacionadas coa restauración e conservación do patrimonio artístico.

Liñas de Investigación

Área de Ciencias da Computación e Tecnoloxía Informática

A Área de Ciencias da Computación e Tecnoloxía Informática (INF) aborda as investigacións relacionadas coa Enxeñería do Software, Base de Datos e Seguridade; a Arquitectura de Computadores e Sistemas Distribuidos; os Sistemas Intelixentes; a Computación de Altas Prestacións e Procesamento de Imaxe; as Ciencias da Computación así como as Tecnoloxías e Servizos Informáticos.

Liñas de Investigación

Área de Economía

Á Área de Economía (ECO) correspondelle o ámbito da investigación sobre os fundamentos teóricos da economía, o uso e desenvolvemeto de métodos cuantitativos, e a súa aplicación empírica a problemas económicos moi diversos. A economía estuda o comportamento de individuos, familias e empresas, a súa interrelación coas institucións, determinadas polas diversas regulacións locais, nacionais e internacionais, e as súas consecuencias tanto a nivel individual como colectivo. As disciplinas económicas abranguen a Teórica Económica (que se subdivide en Microeconomía e Macroeconomía), a Economía Financeira, a Economía da Empresa, a Contabilidade, a Historia Económica e a Economía Cuantitativa, nas súas vertentes de Econometría Teórica e Economía Aplicada.

Liñas de Investigación

Área de Dereito

Integrada pola totalidade de sectores do ordenamento xurídico e as súas disciplinas científicas, tanto dende unha perspectiva estatal como internacional. Inclúense as materias propias do Dereito Público e as do Dereito Privado; comprende tamén os aspectos relativos á evolución histórica do Dereito, así como os característicos da visión teórica e filosófica do ordenamento xurídico.

Liñas de Investigación

Área de Ciencias da Educación

Á área de Ciencias de la Educación (EDUC) aborda as investigacións relacionadas coa didáctica en xeral así como coas didácticas específicas das distintas materias educativas. Asimesmo, tamén se inclúen as investigacións sobre aspectos históricos, psicolóxicos e metodolóxicos da educación. As investigacións, de carácter teórico e aplicado, inclúen diagnósticos de situacións e procesos educativos así como análises de intervencións educativas e avaliacións.

Liñas de Investigación

Área de Psicoloxía

A área de Psicoloxía (PS) abrangue o estudo científico dos procesos de aprendizaxe, cognitivos, emocionais, motivacionais, de personalidade, interpersoais e sociais no ser humano, así como os métodos para a súa medición. O obxectivo fundamental é comprender o papel destes procesos, e as súas bases neurofuncionais, no comportamento tanto individual como colectivo, e no seu desenvolvemento dende a infancia ata a vellez. O coñecemento derivado aplicase a diversos aspectos da actividade humana como a familia, a educación, a actividade física e deportiva, as organizacións, as relacións laborais, e o dereito, así como á prevención, diagnóstico e tratamento dos problemas de saúde.

Liñas de Investigación

Área de Química

A área de Química (QMC) abrangue dende o nivel molecular ao macroscópico a investigación sobre a composición. estrutura, preparación e propiedades das substancias naturais e sintéticas ou mostras que as conteñen, as interaccións e transformacións que experimentan, o mecanismo das mesmas, a instrumentación para a súa análise e a metodoloxía experimental e/ou teórica requirida para o seu estudo.

Liñas de Investigación

El Campus de Ourense cuenta con un elevado número de grupos de investigación de diversos ámbitos con una reducida dimensión y masa crítica que, además, no colaboran entre ellos. Este hecho presenta una gran oportunidad para desarrollar proyectos de investigación multidisciplinares. Por otra parte, se ha mostrado que el Campus de Ourense se encuentra en una fase incipiente en cuanto a la participación en proyectos internacionales, por lo que será necesario potenciar sus capacidades en este sentido.

La realización de investigación multidisciplinar es, probablemente, la principal línea de orientación estratégica, puesto que será el principal papel del Campus da Auga a nivel regional (eurorregional), estatal e internacional.

 

Campus da Auga debe establecerse como un líder regional (eurorregional) y una organización de investigación multidisciplinar reconocida internacionalmente en temáticas relacionadas con el agua.

 

Las metas principales de esta línea de orientación estratégica son:

  • El establecimiento de proyectos multidisciplinares de relevancia en temáticas del agua que puedan potenciar la financiación regional, estatal e internacional disponible.
  • La atracción de socios de investigación internacionales que incrementarán la visibilidad del Campus en la comunidad investigadora internacional.
  • El aumento de publicaciones en revistas científicas internacionales, especialmente los realizados en coautoría, dentro de las áreas de especialización del Campus da Auga.
  • La conexión entre la investigación realizada por los grupos del Campus da Auga y los estudiantes del programa de doctorado del Campus da Auga.