banner

"Campus da Auga ConVida" é un proxecto que aposta por crear, a través da investigación, a formación e a sensibilización, un entorno educativo que reforce e promova condutas e estilos de vida saudables entre a comunidade universitaria. O obxectivo é converter á Universidade de Vigo nunha institución referente no compromiso coa mellora da saúde e da calidade de vida e integrada na Rede Española de Universidades Saudables (acordo de adhesión do 26 de marzo do 2009).

O proxecto, que se iniciou no curso 2010/2011 cunha iniciativa piloto no Campus de Ourense financiada polo Consello Social, comezou a dar o salto aos campus de Pontevedra e Vigo durante o curso 2013/2014 poñendo así a primeira pedra para chegar a ser un proxecto transversal de toda a universidade.

No curso 2014/2015 o proxecto reoriéntase lixeiramente para poñerse en liña co Plan Estratéxico de Especialización do Campus de Ourense. Deste xeito cambia a súa denominación a “Campus da Auga ConVida” e gañan peso aspectos relacionados coa auga e os estilos de vida saudable (termalismo, hidratación, deportes acuáticos, balneoterapia,...).

Organización


O proxecto "Campus da Auga ConVida" está a ser desenvolvido por unha comisión técnica aprobada polo Consello de Campus na cal se integran especialistas nas diferentes áreas de coñecemento relacionadas coa promoción dos estilos de vida saudables. O obxectivo é chegar a contar cunha visión global e integradora dos diferentes elementos e ámbitos que contribúen á promoción da saúde entre a comunidade universitaria. Esta comisión está actualmente formada por:

Virxilio Rodríguez Vázquez
Vicerreitor do Campus de Ourense

Javier Rial Boubeta
Responsable do servizo de deportes da Universidade Vigo

Román Lago Bea
Coordinador actividades de deporte e saúde do Campus de Vigo

Rodrigo Alberte Pivida
Responsable do servizo de deportes do Campus de Ourense

Jose María Failde Garrido
Área de Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos

Julia de la Montaña Miguélez
Área de Nutrición e Bromatoloxía

Guillermo Santos Santos
Empresa responsable das act. de deporte e saúde do Campus de Ourense

Mª Reyes Pérez Fernández
Profesora da E.U. de Enfermería do Campus de Ourense

Yolanda Rodríguez Castro
Área de Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos

VII Programa de Actividades do Campus ConVida Curso 2016-2017


Durante o curso 2016/2017 desenvólvense entre outras as seguintes actividades: os Martes ConVida, as rutas culturais, o programa Ponte en Forma, os cursos do gabinete psicopedagóxico de habilidades persoais ou obradoiros como o de cociña saudable ou o de corresponsabilidade.