banner

Acción de sensibilización en hábitos saudables sobre a comunidade universitaria

Trátase dunha acción de sensibilización sobre a comunidade univer­sitaria, que proporciona a cada persoa un "feedback" inme­diato sobre como é o seu estilo de vida e que debería facer para facelo mais saudable.

Nos stands dos Martes ConVida recibimos a toda a Comunidade Universitaria (alumnos, PAS e PDI), cun cuestionario onde se recollen preguntas relativas a: saúde xeral, alcohol, tabaco, alimentación, conduta viaria, satisfacción académica, actividade física, conduta sexual... No bloque de Saúde xeral, dirixido por enfermeiros, facemos medición da tensión arterial, índice de glucemia, cooximetría, grupo sanguíneo, etc. No bloque de Sexualidade e drogas, a especialista explica os métodos anticonceptivos, as enfermedades de transmisión sexual, ademáis das substancias nocivas para o corpo e as súas repercusións a curto, medio e longo prazo. No bloque de Deportes, explícase toda a oferta deportiva que se poden atopar no Servizo de Deportes, actividades, tarxetas deportivas, escolas deportivas, etc.


Os especialistas en alimentación e nutrición aportan un cuestionario de “Comedor emocional” a maiores do cuestionario xeral; fan medición de talla e peso, ademáis de facilitar datos como: índice de masa corporal, porcentaxe de masa graxa e masa magra, distribución da mesma por segmentos, etc., e aportan indicacións básicas para unha correcta alimentación e adquisición de hábitos saudables neste ámbito.

Tódolos datos e medicións anótanse nun cuadríptico informativo que se lles entrega aos participantes, para que os teñan, intenten melloralos e poidan comparar a seguinte vez que teñan posibilidade de realizar as medicións nunha visita no cuadrimestre seguinte.


Calendario e Horarios Martes ConVida 2016-2017


Primeiro cuadrimestre:

DataUbicaciónHorario
11/10/2016 Escola de Enfermería de Ourense 15:30 - 18:30
18/10/2016 Edificio Xurídico-Empresarial de Ourense 11:00 - 14:00
25/10/2016 Facultade de CC Económicas e Empresariais de Vigo 10:30 - 14:30
08/11/2016 Edificio Politécnico de Ourense 11:00 - 14:00
15/11/2016 Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo 10:30 - 14:30
22/11/2016 Facultade de CC Sociais e da Comunicación de Pontevedra 10:30 - 14:30
29/11/2016 Edificio de Facultades do Campus de Ourense 11:00 - 14:00
13/12/2016 Biblioteca do Campus de Ourense 11:00 - 14:00
16:00 - 18:00

Segundo cuadrimestre:

Data Ubicación Horario
14/03/2017 Edificio Xurídico-Empresarial de Ourense 12:00 - 15:00
21/03/2017 Facultade de CC Económicas e Empresariais de Vigo 10:30 - 14:30
28/03/2017 Edificio Politécnico de Ourense 12:00 - 15:00
04/04/2017 Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo 10:30 - 14:30
18/04/2017 Edificio de Facultades do Campus de Ourense 12:00 - 15:00
25/04/2017 Escola de Enfermería de Ourense 15:30 - 18:30
02/05/2017 Facultade de CC Sociais e da Comunicación de Pontevedra 10:30 - 14:30
09/05/2017 Biblioteca do Campus de Ourense 11:00 - 14:00
16:00 - 18:00