banner

Ligas Universitarias - Deportes Colectivos


Modalidades

O programa Ligas universitarias está dirixido ás persoas da comunidade universitaria e inclúe diversas modalidades de deportes colectivos. O obxectivo deste programa é dar resposta ao interese polos deportes de equipo ao tempo que se fomentan valores como a deportividade e o compañeirismo. O regulamento destas competicións inclúe un sistema de puntuación fair play que promove o xogo limpo e castiga a falta de deportividade. As modalidades nas que vos podedes inscribir son as seguintes:

Baloncesto mixto | Balonmán mixto | Fútbol sala feminino | Fútbol sala masculino | Fútbol 7 mixto | Rugby 7 mixto | Voleibol mixto


Equipos inscritos

Listaxe de equipos inscritos no Campus de Ourense (2015-2016)


Sistemas de competición

As competicións darán comezo a partir da segunda semana de outubro. Cada campus e cada modalidade deportiva terá o seu propio sistema de competición adaptado ao número de equipos finalmente inscrito.

Ao remate das fases de campus, os equipos mellor clasificados en cada modalidade deportiva competirán no mes de febreiro na Fase Final Intercampus contra os gañadores dos outros campus da Universidade. No seguinte enlace podedes consultar toda a información sobre esta final:

Regulamento e calendario final Intercampus 2016


Normativa

A competición rexerase polo Regulamente de Competicións Universitarias de Deportes Colectivos da Universidade de Vigo.