banner

Ponte en Forma é o programa de deporte e saúde máis recoñecido do Servizo de Deportes. Trátase dun plan cuadrimestral de exercicio físico deseñado en función do estado físico actual e os obxectivos de cada persoa.

Durante o desenvolvemento do programa cada persoa inscrita contará con asesoramento médico deportivo e un seguimento individualizado que permitirá avaliar os seus progresos. A personalización da actividade física permite gozar de liberdade para planificar horarios, obxectivos e lugares.

Unidade de Fisioterapia


Desde 2010 o Servizo de Deportes conta cunha Unidade de Fisioterapia dentro da Área de Deporte e Saúde. Trátase dunha unidade dirixida por unha Diplomada en Fisioterapia e Osteópata, en contacto coa Unidade de Medicina Deportiva e coordinada pola Unidade de Atención Física Personalizada.

Nesta unidade ofrécese tratamento de Fisioterapia a todas aquelas persoas da comunidade universitaria (PDI, PAS, cónxuxes e fillos dos membros da comunidade universitaria e deportistas do Clube Deportivo da Universidade de Vigo) que o soliciten. Este tratamento inclúe aspectos tales como a readaptación funcional, a recuperación de lesións deportivas e prevención e o tratamento da dor de costas. Neste tratamento emprégase terapia manual, termoterapia, crioterapia e cinesiterapia.

Máis Información


Pavillón Universitario
+34 988 368 922
pontenforma@uvigo.es
Luns, mércores e xoves pola tarde | Martes e venres pola mañá

Visita a sección na Web do Servizo de Deportes