banner

A Universidade de Vigo considera o deporte un aspecto esencial na formación integral do alumno. O Servizo de Deportes é un exemplo a seguir nesta área, sendo o seu obxectivo primordial levar a práctica do exercicio físico e do deporte nas mellores condicións que todos os membros Comunidade Universitaria.

O Servizo de Deportes, e un organismo dinámico, que partindo das liñas determinadas pola institución: Igualdade de xénero, protección medioambiental, desenvolvemento de campus activos e saudables, internacionalización e a permanente busqueda da calidade e á excelencia, persegue adaptarse a permanente evolución da sociedade.

Actividade física, deporte para todos, programas de lecer, augaventura, actividades da naturaza, rutas culturais, competicións(internas, interuniversitarias, federadas…), eventos puntuais, e a consolidación da Área de Saúde son parte principal das actuacións programadas polo Servizo de Deportes.

Formación, prácticas preprofesionais (Bolseiros , alumnos TAFAD, FP Básica, MESTRADOS), programas de inserción laboral para persoas con discapacidade, son experiencias que permiten aportar e a súa vez aprender en aspectos tan importantes como a inclusión e integración laboral da sociedade.

O Servizo de Deportes e por definición un axente social que traballa a prol da permeabilidade desde un espírito de permanente transformación.


Servizos en liña


A través da web do Servizo de Deportes poderedes xestionar os seguintes servizos:


Servizo de Deportes

Pavillón Universitario | Campus A Lonia | 988 387 198 | depor-ou@uvigo.es