Esther de Blas Varela
Vicerreitora do Campus de Ourense

Nomeamento


Nomeamento como Vicerreitora do Campus de Ourense da UVigo con efecto de 8 de xuño de 2018.


Competencias


Corresponderanlles aos vicerreitores ou vicerreitoras as competencias e funcións que lles asigne o reitor ou reitora. Unha vez elixido e nomeado o equipo de goberno, todo cambio neste deberalle ser comunicado ao claustro.

Deléganse na vicerreitora do campus de Ourense as seguintes competencias:
(DOG nº111 do 12 de xuño de 2018)

  • As de proxección, coordinación e representación da universidade no ámbito territorial do campus de Ourense.
  • As relacionadas directamente cos asuntos específicos do campus de Ourense.
  • As derivadas da descentralización administrativa no campus de Ourense.
  • As relativas ao campus de Ourense das áreas das outras vicerreitorías que se encontren descentralizadas.
  • As relacionadas coa planificación, coordinación e execución de políticas e accións relativas ao Campus da Auga, no marco das políticas xerais que a universidade defina para os seus campus de especialización.
  • As relacións, en representación do reitor, coas institucións e coas empresas de carácter público e privado, así como a sinatura de todo tipo de protocolos e convenios relacionados coas actividades destas, cando así o considere oportuno o reitor.
  • As relativas a empresas e a institucións, incluídas as cátedras de empresa e os cursos complementarios, e a sinatura de convenios de colaboración e os de cooperación educativa en todas as materias obxecto desta delegación.
  • As relacionadas coas empresas de base tecnolóxica e viveiros de empresas no ámbito de influencia do campus de Ourense-Campus da Auga.
  • As relativas á tramitación de proxectos de investigación, tanto no ámbito nacional como autonómico, así como contratos ao abeiro do artigo 83 da LOU, no ámbito de influencia do campus de Ourense.
  • As correspondentes ás estruturas propias de investigación e centros propios de investigación referentes ao Campus da Auga, en coordinación coas vicerreitorías de Planificación, Investigación e Transferencia.
  • As correspondentes ás relacións con axentes de investigación nacionais e internacionais e con outros centros de I + D + i no ámbito de especialización do Campus da Auga, en coordinación coas vicerreitorías de Investigación e Transferencia.
  • As referidas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados.