CITI Ourense

A Universidade ten entre os seus obxectivos básicos a procura de novo coñecemento e a súa transferencia á sociedade. A Universidade de Vigo ten neste senso un compromiso coa sociedade na contribución ao desenvolvemento científico, tecnolóxico e cultural.

Existe un consenso xeneralizado sobre o papel que a I+D+i debe desempeñar na mellora da competitividade e da innovación das nosas empresas, de maneira que contribúa á creación de riqueza e benestar para a sociedade e, en definitiva, ao desenvolvemento socioeconómico do territorio. A sociedade galega, en xeral, e a nosa contorna máis inmediata, a sociedade ourensá, en particular, ten que facer rendible a investigación que se realiza na nosa Universidade.

A Universidade de Vigo, a través da Vicerreitoría do Campus de Ourense, pretende dar a coñecer a investigación que se desenvolve no campus ourensán nos ámbitos científico, empresarial, humanístico, tecnolóxico e xurídico. Nesta sección plasmanse as liñas de investigación e as capacidades dos equipos de investigación coa fin de dar a coñecer o seu potencial e reforzar así os estreitos vínculos que deben existir entre a Universidade e a sociedade.