CITI Ourense

O Negociado de Apoio á Investigación do Campus de Ourense ten como obxectivo apoiar ao persoal investigador do Campus de Ourense, consolidando o proceso de desconcentración da xestión da investigacion centralizada no Campus de Vigo.

Competencias delegadas na Vicerreitoría do campus de Ourense no eido da investigación (DOG nº 90 do 13/05/2014):

José Antonio Gándara Pérez

Xefe de Negociado de Apoio á Investigación

+34 988 368 880
vic.investigacion.ou@uvigo.es
  • As de coordinación dos grupos de investigación e as de realización de propostas de equipamento de centros de investigación no ámbito de influencia do campus de Ourense.
  • As relacionadas cos parques científicos e tecnolóxicos, centros tecnolóxicos, empresas de base tecnolóxica e viveiros de empresas no ámbito de influencia do campus de Ourense.
  • A proposta, formalización e contratación de proxectos de investigación, tanto no ám¬bito nacional como internacional.
  • As relacionadas coas cátedras de empresa do campus de Ourense.

A Área técnica de I+D+i da Universidade de Vigo é unha estrutura de apoio á comunidade investigadora que nace co obxectivo, entre outros, de fomentar a participación en convocatorias e consorcios internacionais, aumentando así a captación de recursos externos e posicionando á UVigo como un parceiro de referencia para proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación.

Alberto Rellán López

Xestor de Innovación do Campus de Ourense

+34 988 387 404
alberto.rellan@uvigo.es

Os principais servizos que presta esta área son:

  • Procura e difusión de convocatorias de axudas e proxectos de I+D+i
  • Dinamización da participación de investigadores/as da Universidade de Vigo en proxectos internacionais
  • Asesoramento a grupos de investigación na redacción de propostas

O Campus de Ourense conta cun xestor de innovación propio, que pode respostar as consultas sobre convocatorias públicas de proxectos e outras actuacións europeas e internacionais de interese para os grupos de investigación do campus.