CITI Ourense

Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI)

A xestión das actividades de transferencia é realizada pola Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI).

As súas funcións poden estructurarse en tres grandes áreas:

Información de Contacto

Edificio CACTI, 1º andar, Campus de Vigo | +34 986 812 236 | otri@uvigo.es


Oficina de Contratos de Investigación da UVigo

Cada vez é máis frecuente e necesario que a I+D aplicada e o desenvolvemento tecnolóxico que se realiza na Universidade se leve a cabo dende as primeiras etapas, en colaboración con outros axentes do sistema de innovación, fundamentalmente coas empresas.

Neste sentido distinguimos dúas vías de realización das actividades de I+D+i:

  • I+D por encargo: unha empresa ou organización encárgalle á Universidade a realización dun proxecto de I+D, propón os obxectivos, asume os riscos e paga o seu custo, e finalmente dispó dos resultados. Esta actividade formalízase mediante un contrato.
  • I+D colaborativa: os participantes dos proxectos involucran os seus recursos, comparten riscos e obxectivos e distribúen a propiedade dos resultados. Formalízase mediante un convenio ou acordo de colaboración.

En ambos os casos, as organizacións poden acudir ás diversas axudas públicas para obter financiamento das súas actividades de I+D+i.

Para calquera consulta ou xestión sobre contratos e convenios coa Universidade de Vigo pode dirixirse a Oficina de Contratos de Investigación.

Regulamento de cursos e convenios da UVigo

Modelos de Contratos e Convenios I+D+i (Proxectos I+D, Informes, Cursos)

Información de Contacto

Edificio Xerencia, planta baixa, Campus de Vigo | +34 986 813 919 | contratos.investigacion@uvigo.es