CITI Ourense

Trámites na aplicación telemática do Ministerio de Economía e Competitividade

Infórmase ao persoal investigador do Campus de Ourense que cando realicen accións de tramitación (emendar, alegacións, instancias xenéricas e documentación requirida), nos expedientes dos proxectos do Ministerio de Economía e Competitividade, na aplicación telemática destinada para tal fin, deberán ter en conta que o proceso non se pecha ao subir os documentos precisan sempre da sinatura telemática da representante legal, que na aplicación fai a función de entrada no rexistro do Ministerio.

Visto que todas as accións de tramitación precisan da sinatura telemática por parte da representante legal da institución, o persoal investigador antes de proceder a subir a documentación á aplicación do Ministerio, deberá informar previamente á Vicerreitoría do Campus de Ourense enviando un correo electrónico coa documentación a vic.investigacion.ou@uvigo.es, para o seu coñecemento e visto e prace previo por parte da representante legal.


Alta na lista de correo destinada ao persoal investigador do Campus de Ourense

A lista de correo ou_inv@listas.uvigo.es xunto coa páxina web son as canles empregadas pola Vicerreitoría do Campus de Ourense, a través do Negociado de apoio á Investigación, para notificar ao persoal investigador a información de interese relacionada co I+D+i.

O persoal investigador do Campus de Ourense interesado en tramitar a súa alta nesta lista de correo, deberá facelo a través da páxina web: https://listas.uvigo.es/ , seleccionar a lista ou_inv e realizar os trámites de subscrición que se indican.