CITI Ourense

Cátedras


A difusión do coñecemento, a innovación e a transferencia ao sector produtivo son eixes fundamentais da Universidade, que repercuten directamente no tecido socio-económico da sociedade, neste contexto, as Cátedras son unha ferramenta que permiten potenciar as relacións da Universidade coas empresas e outro tipo de organizacións públicas e privadas.

A colaboración estable entre a universidade, as empresas e outras institucións constitúen unha oportunidade, por unha parte, para a universidade: representa poder dispor de financiamento de liñas de investigación, para a explotación dos resultados, a divulgación da investigación, formación dos estudantes e o persoal investigador, programas de prácticas de empresa e programas de bolsas; pola outra banda, as empresas e outras entidades colaboradoras, teñen acceso ao persoal altamente cualificado da universidade, así como a infraestruturas científicas, que repercutirá na mellora da calidade do servizos que prestan.

Cátedras asinadas na anualidade 2015:

 
Cátedra STL
Asinada co grupo empresarial Sociedade Textil Lonia, adicado ao deseño, produción e comercialización de produtos téxtiles e complementos de vestir, pezas, perfumes, colonias e artigos de uso persoal.
www.stlonia.com
Cátedra VIEWNEXT
Asinada con Viewnext, empresa de servizos de tecnoloxía da información, entidade de servizos de xestión e desenvolvemento de aplicacións do grupo IBM en España.
www.viewnext.com

Convenios


Neste apartado infórmase ao persoal investigador do Campus universitario de Ourense, interesado en promover a través desta Vicerreitoría un convenio entre a Universidade de Vigo e outra entidade, empresa ou institución, o procedemento a seguir para a súa sinatura.

Procedemento para a tramitación de convenios