CITI Ourense

imprimir Correo electrónico

Resolución de 21 de novembro de 2016, da Presidencia da Axencia Estatal de Investigación, pola que se aproba a convocatoria, correspondente ao ano 2016, de diversas actuacións contempladas no Subprograma Estatal de Formación e no Subprograma Estatal de Incorporación, do Programa Estatal de Promoción do Talento e a súa Empregabilidade, no marco do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2013-2016 -Axudas Juan de la Cierva-Incorporación.

As axudas Juan de la Cierva-incorporación teñen como obxectivo fomentar a contratación laboral, por parte de organismos de investigación ou centros de I+D nacionais, de xóvenes doutores por un periodo de dous anos con obxecto de que os mesmos afiancen as capacidades adquiridas durante unha primeira etapa de formación posdoutoral.

ORGANISMO QUE CONVOCA:
Ministerio de Economía e Competitividade

Publicación: BOE 29/11/2016
Bases | Solicitude Online

PRAZO DA CONVOCATORIA:
Do 10/01/2017 ao 25/01/2017 ás 15:00 h


Máis Información

Os candidatos deben cumprir o requisito de ser doutor e haber obtido o doutoramento entre o 1 de xaneiro de 2012 e o 31 de decembro de 2014 para o turno de acceso xeral e entre o 1 de xaneiro de 2010 e o 31 de decembro de 2013 para o turno de acceso de persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%, excepto se acreditan unha causa de interrupción conforme á convocatoria.

As solicitudes de participación presentaranas os centros de I+D incluíndo nelas aos investigadores candidatos para a súa incorporación aos equipos de investigación. A selección fundamentase nun proceso de concurrencia competitiva dos candidatos en base aos seus méritos curriculares e no historial científico-técnico do equipo de investigación no que se quere integrar, dando especial relevancia aos méritos relativos ao investigador titor.

Concesión dun máximo de 225 axudas dunha duración de dous anos para a contratación laboral de doutores polos centros de I+D nacionais, das que 4 axudas se reservan para a contratación de doutores que participen polo turno de acceso de persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 por cento. As axudas, cuxa contía anual é de 29.000 euros, destinanse a cofinanciar o salario e a cota empresarial da Seguridade Social dos investigadores contratados durante cada unha das anualidades. Ademáis do anterior, concederase unha axuda adicional de 6.000 euros por cada investigador contratado, para cubrir os gastos directamente relacionados coa execución das actividades de investigación do investigador contratado.