CITI Ourense

Concesión de axudas para a realización de teses de doutoramento no Instituto Universitario Europeo de Florencia.

O obxecto destas axudas é facilitar a formación de doutores nas áreas de ciencias humanas e sociais, historia, dereito, economía e ciencias políticas e sociais en execución do programa “Salvador de Madariaga”.

Están dirixidas a persoas en posesión do título de licenciado, grao ou de mestrado ou os seus equivalentes, en materias xurídicas, económico-empresariais, político-sociolóxicas, ou de humanidades, para a realización do doutoramento en ditos ámbitos.

ORGANISMO QUE CONVOCA:
Ministerio de Economía e Competitividade

Nª DE AXUDAS: 12

PRAZO DA CONVOCATORIA:
Do 30/12/2016 ao 31/01/2017 ás 14:00 h


Máis Información