CITI Ourense

O Instituto Danone convocou a XXIV edición dos Premios e Axudas á Investigación Científica nos ámbitos da alimentación, a nutrición e a saúde. Investigadores, expertos e profesionais destos campos poden presentar a súa candidatura para optar ás Axudas á realización de Proxectos de investigación científica, o Premio á Traxectoria Científica Dr. Carles Martí Henneberg e o Premio á Divulgación Científica ata o 9 de xuño de 2017.


Axudas para a realización de Proxectos de investigación científica

O Instituto Danone convoca dúas axudas destinadas á realización de proxectos de investigación científica coa fin de fomentar a actividade de investigación e apoiar aos grupos de investigación máis novos.


Dotación: 40.000€ (cada axuda)

Prazo de solicitude: ata o 9 de xuño de 2017

Bases da convocatoria

Formulario de solicitude


Premio á Traxectoria Científica Dr. Carles Martí Henneberg

O Instituto Danone convoca o Premio á Traxectoria Científica coa fin de recoñecer a excelencia e o nivel de investigación desenvolto polos investigadores españois dos campos da nutrición, a alimentación e a saúde, no seus ámbitos de investigación básica, epidemioloxía, clínica ou tecnolóxica. Este ano, convocase a vixésimo cuarta edición deste premio, que xa se converteu nun dos recoñecementos máis importantes e consolidados no campo científico español.


Dotación: 20.000€

Prazo de solicitude: ata o 9 de xuño de 2017

Bases da convocatoria

Formulario de solicitude


Premio á Divulgación Científica

Conscientes da importancia que ten a labor de comunicación de coñecementos e mensaxes de interese para a saúde á sociedade nos campos da alimentación, a nutrición e a saúde, o Instituto Danone, dende fai máis de dúas décadas tamén convoca o Premio á Divulgación Científica.


Dotación: 3.000€

Prazo de solicitude: ata o 9 de xuño de 2017

Bases da convocatoria

Formulario de solicitude