CITI Ourense

CONVOCATORIA RETOS

Extracto da Resolución da Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación e da Presidencia da Axencia Estatal de Investigación, pola que se aproba a convocatoria para o ano 2017 do procedemento de concesión de axudas a proxectos de I+D+I correspondentes ao Programa Estatal de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Orientada aos Retos da Sociedade no marco do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2013-2016.

Publicación: BOE 13/06/2017

Organismo que convoca: Ministerio de Economía e Competitividade

Obxectivos:

Financiar a execución de proxectos de investigación que impliquen o incremento dos coñecementos científicos e tecnolóxicos mediante a promoción de actividades de investigación, consistentes en traballos experimentais ou teóricos orientados específicamente cara algún dos oito grandes retos da sociedade española identificados na Estratexia Española de Ciencia e Tecnología e de Innovación: “Saúde, cambio demográfico e benestar”, “Seguridade, calidade alimentaria; actividade agraria produtiva e sostible; sostibilidade de recursos naturais, investigación marina e marítima”, “Enerxía segura, sostible e limpa”, “Transporte intelixente, sostible e integrado”, “Acción sobre o cambio climático e eficiencia na utilización de recursos e materias primas”, “Cambios e innovacións sociais”, “Economía e sociedade dixital” e “Seguridade, protección e defensa”.

As axudas estarán destinadas a financiar os gastos de persoal, pequeno equipamento, materiais e outros gastos relacionados cos obxectivos do proxecto.

Plazo de presentación de solicitudes:

  • dende o 19 de xuño ata o 10 de xullo de 2017 ás 15:00 horas (hora peninsular española) as solicitudes das áreas temáticas de xestión de Humanidades e Ciencias Sociais.
  • dende o 20 de xuño ata o 11 de xullo de 2017 ás 15:00 horas (hora peninsular española) as solicitudes das áreas temáticas de xestión de Ciencias da Vida e Agroalimentación.
  • dende o 21 de xuño ata o 12 de xullo de 2017 ás 15:00 horas (hora peninsular española) as solicitudes das áreas temáticas de xestión de Medioambiente e Recursos Naturais.
  • dende o 22 de xuño ata o 13 de xullo de 2017 ás 15:00 horas (hora peninsular española) as solicitudes das áreas temáticas de xestión de Tecnologías da Produción e as Comunicacións.

Máis información

CONVOCATORIA EXCELENCIA

Extracto da Resolución da Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación e da Presidencia da Axencia Estatal de Investigación, pola que se aproba a convocatoria de tramitación anticipada para o ano 2017 do procedemento de concesión de axudas a proxectos de I+D correspondentes ao Programa Estatal de Fomento da Investigación Científica e Técnica de Excelencia, Subprograma Estatal de Xeración de Coñecemento, no marco do Plan Estatal de I+D+I 2013-2016

Publicación: BOE 13/06/2017

Organismo que convoca: Ministerio de Economía e Competitividade

Obxectivo:

Os proxectos de I+D teñen como obxectivo a xeración de coñecemento sen ámbito temático predefinido nin orientación algunha, puidendo ser actuacións dun grupo de investigación individual ou de varios grupos en coordinación, potenciándose a agrupación de capacidades de investigación así como a complementariedade entre os grupos integrantes.

Pretendese financiar proxectos de investigación que sexan relevantes, ambiciosos e de clara proxección internacional, evitando a fragmentación de grupos de investigación e fomentando as sinerxias e a asociación de equipos nun proxecto único e tamén fomentar os proxectos de investigación dirixidos por investigadores novos, con traxectorias científicas prometedoras e que se inician na dirección de proxectos.

As axudas estarán destinadas a financiar os gastos de persoal, pequeno equipamento, materiais e outros gastos relacionados cos obxectivos do proxecto. O periodo de execución dos proxectos de investigación será de tres a catro anos e, excepcionalmente, de dous.