CITI Ourense

Extracto da Resolución da Presidencia da Axencia Estatal de Investigación, pola que se convocan subvencións para o ano 2017 a proxectos de investigación fundamental orientada e accións complementarias dentro do Programa Estatal de I+D+I Orientada aos Retos da Sociedade.


Publicación: BOE 01/07/2017


Organismo que convoca

Ministerio de Economía, Industria e Competitividade


Obxectivos

  1. O obxecto da convocatoria é a concesión de subvencións a proxectos de investigación fundamental orientada e accións complementarias no Reto de Seguridade e Calidade Alimentaria, Actividade Agraria Produtiva e Sostible, Sostibilidade dos Recursos Naturais e Investigación Marina e Marítima, dentro do Programa Estatal de I+D+I Orientada aos Retos da Sociedade, no marco do Plan Estatal de I+D+I 2013-2016.
  2. De acordo co artigo 5 da orde de bases reguladoras, os proxectos de investigación fundamental van dirixidos a fomentar a xeración de coñecemento, a súa aplicación e a innovación en todas as súas dimensións. As accións complementarias son actuacións de especial relevancia na conservación de recursos xenéticos de interese para a agricultura e a alimentación non contempladas nos proxectos de investigación fundamental.
  3. Esta convocatoria, de acordo co establecido no artigo 8 da orde de bases reguladoras priorizará aqueles proxectos de investigación que, sendo considerados excelentes dende un punto de vista científico, sexan abordados por máis de tres grupos de investigación complementarios.

Prazo de presentación de solicitudes

Ata o 31 de xullo de 2017

A cumprimentación e presentación da solicitude deberá realizarse obrigatoriamente a través da aplicación telemática habilitada para iso no portal web www.inia.es


+ INFO