CITI Ourense

Resolución da Presidencia da Axencia Estatal de Investigación, pola que se aproba a convocatoria para o ano 2017 do procedemento de concesión de axudas correspondentes ás accións de dinamización «Redes de Excelencia» correspondentes ao Programa Estatal de Fomento da Investigación Científica e Técnica de Excelencia, Subprograma Estatal de Xeración de Coñecemento, no marco do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2013-2016.


Publicación: BOE 26/09/2017


Organismo que convoca

Ministerio de Economía, Industria e Competitividade


Obxectivo

As accións de dinamización «Redes de Excelencia» son actividades para a creación e desenvolvemento de redes de grupos de investigación encamiñadas a:

  1. Mellorar os resultados de investigación obtidos mediante accións financiadas en convocatorias anteriores do Plan Nacional de I+D+i 2008-2012 e do Plan Estatal de I+D+i 2013-2016, (Redes Temáticas e Redes CONSOLIDER).
  2. Fomentar a coordinación xeral das redes de ICTS e as ICTS distribuídas (Redes ICTS).
  3. Contribuír á xestión e á coordinación das seguintes iniciativas estratéxicas de I+D+i nacionais ou internacionais (Redes Estratéxicas):
    • Alianzas de I+D+i recoñecidas como tales polo departamento ministerial competente en I+D+i no momento da súa constitución e enmarcadas nun sector identificado como prioritario na “Declaración de Intencións” da Alianza.
    • Comunidades de Coñecemento e Innovación (KIC, na súa sigla en inglés) recoñecidas polo Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía.
    • Consorcios Europeos de Infraestruturas (ERIC, na súa sigla en inglés).
    • Iniciativas emblemáticas do Programa Marco de investigación e Innovación da Unión Europea (FET-Flagships, na súa sigla en inglés).

 

Prazo de presentación de solicitudes

Do 10 ata o 25 de outubro de 2017 ás 15:00 horas

 

+ INFO