CITI Ourense

Resolución do 27 de outubro de 2017 , da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan axudas complementarias destinadas a beneficiarios do Subprograma de Formación do Profesorado Universitario.


Publicación: BOE 08/11/2017


Organismo que convoca

Ministerio de Educación, Cultura e Deporte


Obxectivo: As axudas para estadías breves e traslados temporais teñen por obxecto reforzar a internacionalización da formación científica e capacidade técnica, mediante a súa incorporación a un centro ou grupo de investigación relevante no ámbito internacional e vinculado ao campo científico, técnico ou artístico correspondente ao contido da tese doutoral para a que se concedeu a axuda.

Modalidades

  • Estadías Breves: A súa duración será de 2 ou 3 meses, excepcionalmente, poderán ter 1 mes de duración se o destino é nun centro situado en España.
  • Traslados Temporais: Terán unha duración mínima de 6 meses e máxima de 9 meses.
    A axuda consistirá nunha dotación diaria para manutención de 25 € para as estadías en España e ata un máximo de 50€ para estadías no estranxeiro, en función do país de destino.
    Para gastos de desprazamento unha axuda ata un máximo de 90€ dentro da Península; ata un máximo de 120€ a ou desde Ceuta, Melilla e as Illas Baleares; ata un máximo de 150€ a ou desde as Illas Canarias. Para os desprazamentos a un país de Europa ata un máximo de 600€ e ata un máximo de 1.200€ un país do resto do mundo.

Prazo: desde o 8 de novembro de 2017 ata o 27 de novembro de 2017 ás 14:00 horas.

 

+ INFO