CITI Ourense

Resolución do 3 de novembro de 2017, do Organismo Autónomo Parques Nacionais, pola que se convoca a concesión de subvencións para a realización de proxectos de investigación científica na Rede de Parques Nacionais para o ano 2017.


Publicación: BOE 14/11/2017


Organismo que convoca

Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.


Obxectivo: O obxectivo fundamental destas axudas é promover un mellor coñecemento científico en materias relacionadas coa Rede de Parques Nacionais e o fomento da investigación científica. Este coñecemento científico básico será susceptible de ser posto ao servizo da conservación dos Parques nacionais que integran a Rede, xerando novos coñecementos aplicables ao conxunto da Rede, e contribuíndo ao perfeccionamento da súa protección ambiental.

Liñas prioritarias da convocatoria

  • Interaccións entre o cambio global e as actividades socioeconómicas desenvolvidas nos PPNN e a súa área de influencia.
  • Impacto e seguimento do cambio global na ecoloxía dos PPNN: efecto sobre a biodiversidade, os seus compoñentes e procesos, tanto espaciais como temporais. Indicadores de tensións e avaliación da súa calidade.
  • Vulnerabilidade fronte a episodios extremos inducidos polo cambio global.
  • Impacto e seguimento das especies exóticas invasoras, con especial atención aos parques macaronésicos. Mitigación de efectos.
  • Bases científicas para a aplicación, seguimento e avaliación das medidas de adaptación nun contexto de cambio climático e global sobre os sistemas naturais dos PPNN.

Prazo: desde o 28 de novembro de 2017 ata o 27 de decembro de 2017 ás 15:00 horas.

 

+ INFO