CITI Ourense

Resolución de 11 de decembro de 2017, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan subvencións para o Subprograma de Mobilidade dentro do Programa Estatal de Promoción do Talento e a súa Empregabilidade.


Publicación: BOE 18/12/2017


Organismo que convoca

Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.


Beneficiarios

Profesores e investigadores con vinculación funcionarial ou contractual docente ou investigadora, con dedicación a tempo completo e en servizo activo, con calquera dos centros de adscrición que figuran no artigo 9 da resolución de convocatoria. Requírese unha vinculación de funcionario de carreira ou indefinida para a Modalidade A e de funcionario interino ou contractual, como mínimo ata a data de finalización da estancia, en caso da Modalidade B.

Hase de estar en posesión do título de doutor e obter o grao de doutor con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2007, en caso de Modalidade A, e con posterioridade, en caso da Modalidade B.


Outros requisitos: Non realizar estancias no estranxeiro, por un período acumulado superior a 6 meses, durante o últimos catro anos anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. En ningún caso o país de destino poderá coincidir co de nacionalidade do beneficiario, salvo que este acredite ter a súa residencia legal en España e transcorrer como mínimo 2 anos con vinculación indefinida co centro de adscrición.


Obxecto

Financiar estadías de mobilidade de profesores e investigadores en centros estranxeiros de ensino superior e investigación. O número de axudas previstas é 400 estadías da Modalidade A e 260 da Modalidade B. As estadías terán unha duración mínima de tres meses e máxima de seis meses, improrrogables e nun único período. A estadía ha de solicitarse para un só centro de destino, que será o centro receptor. Os solicitantes de estancias para EE. UU., poderán presentar a solicitude dentro do programa xeral ou do programa Fulbright. Os profesores/investigadores poderán solicitar realizar a estadía entre o 1 de xullo de 2018 e o 30 de setembro de 2019. Os solicitantes que opten por presentar a solicitude ao Programa Fulbright deberán solicitar unha data de inicio posterior ao 1 de novembro de 2018, para cumprir cos requisitos necesarios para obter o recoñecemento oficial como beneficiario Fulbright e recibir o visado correspondente baixo o patrocinio do goberno estadounidense.

Prazo: Dende o 10 de xaneiro de 2018 ata as 14 horas do 30 de xaneiro de 2018 (hora peninsular).

Solicitudes: formalizaranse a través da Sede Electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, accedendo ao apartado «Trámites y Servicios».

 

Texto da convocatoria

+ INFO