CITI Ourense

Convocatoria de concesión de axudas da Fundación Biodiversidad, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de proxectos en materia de adaptación ao cambio climático 2017.


Publicación: BOE 15/12/2017


Organismo que convoca

Fundación Biodiversidad.


O punto terceiro desta convocatoria, titulado “Dotación da convocatoria, cofinanciamento e prazo de execución” establece que como máximo se admitirán para a súa avaliación dúas propostas por entidade solicitante. Debido a esta limitación, a Universidade de Vigo deberá realizar unha selección previa dun máximo de dous proxectos para a presentación á convocatoria, en caso de existir un número maior de propostas.

A selección será realizada pola Comisión de Investigación, delegada do Consello de Goberno, a cal, en reunión de 19 de decembro de 2017 acordou analizar as propostas presentadas polo persoal investigador da Universidade de Vigo que cumpran os requisitos da convocatoria e que especifiquen fontes de cofinanciamento válidas para o proxecto, e seleccionar como máximo dúas delas para a presentación á Fundación Biodiversidad, aplicando os seguintes criterios de valoración:

  • Adecuación da temática proposta aos obxectivos da convocatoria
  • Viabilidade económica e potencial impacto social e científico do proxecto
  • Envergadura e alcance do proxecto (p.ex. presuposto total, duración)
  • Persoal da Universidade de Vigo implicado no proxecto (tamaño, composición e historial do equipo investigador)
  • Dimensión multidisciplinar e/ou colaborativa do proxecto e do equipo investigador

Cada un dos apartados valorarase cun máximo de 10 puntos; a puntuación total asignada a cada proposta poderá ser como máximo de 50 puntos, e resultará da suma das puntuacións obtidas nos 5 apartados indicados. Serán seleccionadas aquelas propostas que obteñan a maior puntuación total. En caso de empate, a Comisión establecerá os criterios de desempate que considere axeitados, que serán comunicados xunto coa relación de propostas seleccionadas. Pregamos por tanto que todas as persoas interesadas en presentarse a esta convocatoria o manifesten enviando un correo electrónico a vicinvxs@uvigo.es , antes das 14:00 horas do 16 de xaneiro, achegando a seguinte información:

  1. Título do proxecto
  2. Duración do proxecto
  3. Nome do Investigador/a principal (debe ter vinculación contractual coa Universidade de Vigo no momento da solicitude e mantela durante toda a duración do proxecto)
  4. Nomes do resto de investigadores/as participantes no proxecto
  5. Resumo do proxecto
  6. Liña e programa de actuación nos que se enmarca o proxecto, dentro dos indicados na convocatoria
  7. Importe total do proxecto
  8. Procedencia da cofinanciación (dado que a convocatoria establece que o importe máximo da axuda concedida non poderá superar o 70% do total do orzamento do proxecto presentado será necesario indicar a previsión do investigador/a principal para a aportación do 30% restante)
  9. Xustificación razoada dos 5 criterios de valoración definidos pola Comisión de Investigación para a selección de propostas, indicados mais arriba.

+ INFO