CITI Ourense

A Fundación Alfonso Martín Escudero convoca 60 bolsas para realizar traballos de investigación en universidades ou centros de investigación no estranxeiro, en temas que estén comprendidos nalgunha das seguintes áreas:

  • Agricultura e gandería.
  • Ciencias do mar.
  • Ciencias da saúde.
  • Tecnoloxía de alimentos.

Requisitos dos candidatos:

  • Nacionalidade española.
  • Posuír o título de doutor de calquera universidade española ou de especialidade en Medicina (MIR), Bioloxía (BIR), Farmacia (FIR), Psicoloxía (PIR), Química (QUIR) ou Radiofísica Hospitalaria. No caso de ter un título dunha universidade estranxeira ou dun centro español non estatal deberase acreditar a convalidación ou recoñecemento do seu título en España.
  • Estar admitido nunha universidade ou centro de investigación no estranxeiro para o período solicitado.
  • Posuír un bó coñecemento do idioma del país receptor o bien de cualquier otro idioma que permita una comunicación fluida en el centro de investigación.

Condicións das bolsas

A duración da bolsa será por un período mínimo de 12 meses e máximo de 24. Determinarase de acordo coa avaliación do solicitante e o interese do proxecto a realizar.

A dotación da bolsa inclúe:

  1. Axuda para traslados e instalación por un importe total de 3.100 euros.
  2. Seguro de enfermidade e accidentes suscrito pola Fundación Alfonso Martín Escudero e no seu caso, o esixido polo centro estranxeiro.
  3. Asignación mensual entre 1.900 e 3.000 euros, segundo o país de destino.

En cumprimento da normativa fiscal vixente aplicarase a retención correspondente a todas as cantidades que constitúen a dotación.

As bolsas desta convocatoria non están suxeitas ao Real Decreto 63/2006 de 27 de xaneiro, polo que se aproba o Estatuto do Persoal Investigador en Formación. Tampouco están suxeitas ao ámbito de aplicación do Real Decreto 1493/2011 de 24 de outubro, polo que se regulan os termos e condicións de inclusión no Rexime Xeral da Seguridade Social das persoas que participen en programas de formación.


Lugar e prazo de presentación de solicitudes e documentación

As solicitudes, xunto cos documentos requiridos, presentaranse na Fundación Alfonso Martín Escudero, Departamento de Fins Fundacionais, Avenida de Brasil 30, 28020 Madrid, ata as 14,00 horas do día 27 de abril de 2018. Tamén se poderán enviar por correo electrónico á conta: becas@fundame.org, ou por calquera outro medio, sempre que a data de mataselos ou a orde de envío non sexa posterior á data e hora límite de admisión.


+ INFO