CITI Ourense

ORDE do 11 de abril de 2017, conxunta da Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.


Publicación: DOG 27/04/2017
Publicación corrección de erros: DOG 08/05/2017


Organismo que convoca

Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria e Consellería de Economía, Emprego e Industria


Obxecto

Esta orde establece as bases polas que se rexerá a concesión das axudas, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da GAIN, de apoio á etapa de formación posdoutoral e procede á súa convocatoria.

O obxecto do Programa de apoio á etapa posdoutoral é outorgar axudas ás universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación para a Investigación, Desenvolvemento e Innovación Ramón Domínguez, Fundación profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e ao IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia que contraten persoas tituladas superiores para a súa formación como doutores e doutoras nos seus centros.

Para acadar tal fin proponse, por unha parte, a ampliación da especialización no estranxeiro do persoal investigador doutor, mediante o financiamento de contratos dun máximo de dous anos de estadías de investigación posdoutoral no estranxeiro e a súa reincorporación na Comunidade Autónoma de Galicia mediante un contrato de retorno dun ano de duración e, por outra, posibilitar a continuación da súa formación e o establecemento dunha traxectoria investigadora propia para as persoas que obtiveron unha praza nunha universidade do SUG na convocatoria de 2013 do programa de axudas de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral do Plan I2C, que permaneceron nel ata o 1 de abril de 2017 e que acadaron unha avaliación positiva e para aquelas persoas investigadoras da convocatoria de 2012 ás cales, por circunstancias especiais, se lles concedese o aprazamento da avaliación e acaden unha avaliación positiva. Polo tanto, estas axudas adoptan dúas modalidades:

  • Modalidade A: contrato de dous anos de duración para a realización de estadías no estranxeiro e un contrato de retorno dun ano de duración na Comunidade Autónoma de Galicia (anexo I).
  • Modalidade B: contrato de dous anos de duración nunha universidade do SUG e axuda complementaria para o establecemento dunha liña de investigación propia, dirixidos ao persoal doutor investigador beneficiario dun contrato nunha universidade do SUG da convocatoria de 2013 do Programa de axudas de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral do Plan I2C, que permaneceu nel ata o 1 de abril de 2017 e acadou unha avaliación positiva e para aquelas persoas investigadoras da convocatoria de 2012 que por circunstancias especiais tivesen concedido o aprazamento da avaliación e acaden unha avaliación positiva (anexo II).

Solicitude

As solicitudes presentaranse obrigatoria¬mente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados ED481B para a mo¬dalidade A ou ED481D para a modalidade B no caso das universidades do SUG e IN606B para a modalidade A das demais entidades, dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia.


Prazo

Ata o 27 de maio de 2017


Máis información