CITI Ourense

ORDE do 29 de maio de 2017, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2017.


Publicación: DOG 09/06/2017


Organismo que convoca

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria


Modalidades axudas

Modalidade A: axudas cofinanciadas parcialmente con FSE destinadas ao apoio á etapa predoutoral para investigadoras e investigadores que desenvolvan un proxecto de investigación en liña cos retos definidos na Estratexia de especialización intelixente de Galicia RIS3 e que teñan unha persoa designada para dirixir ou codirixir a tese que cumpra os seguintes requisitos segundo a entidade solicitante:

  • No caso de solicitudes presentadas por universidades do SUG, que cumpra algún dos seguintes requisitos:
    1. Que estea integrada nun grupo de investigación ou nunha agrupación estratéxica que contase con financiamento da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nalgunha das convocatorias dos anos 2013 a 2016.
    2. Que sexa unha persoa investigadora contratada pola Gain no marco do programa Oportunius, ao abeiro do Decreto 64/2016 (DOG número 112, do 14 de xuño), polo que se regula o réxime de contratación pola Gain de persoal investigador baixo a modalidade de persoal investigador distinguido.

Modalidade B: Axudas de carácter xeral de apoio a etapa predoutoral, mediante as cales se garantirá a representación de todas as ramas de coñecemento nesta convocatoria.

Para ambas as modalidades establécese a posibilidade de realizar estadías de tres meses de duración no estranxeiro, que favorezan unha mellora na formación das investigadoras e dos investigadores e que posibiliten que acaden a mención de doutora ou doutor internacional.


Solicitude

As entidades solicitantes presentarán as solicitudes de maneira individualizada para cada unha das persoas candidatas propostas. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado ED481A para as universidades do SUG, dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia.


Prazo

Ata o 10 de xullo de 2017


+ INFO interna UVIGO