CITI Ourense

ORDE do 14 de xuño de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de proxectos de investigación e para a creación de grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento, que executarán os grupos e centros de investigación das universidades galegas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 .


Publicación: DOG 29/06/2017


Organismo que convoca

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza


Obxectivos

Esta convocatoria establece as condicións para a concesión de subvencións, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, para o procedemento PR815A:

  • A realización de proxectos de investigación sobre cooperación para o desenvolvemento, incluída a educación para o desenvolvemento, e sobre a aplicación da tecnoloxía para o desenvolvemento humano. É necesario que os proxectos sexan relevantes para a cooperación para o desenvolvemento, e o seu contido estea claramente relacionado con esta área, e non serán financiables nesta convocatoria as colaboracións científicas sen esta dimensión.
  • A creación de grupos de investigación, uni ou multidisciplinares, interuniversitarios ou non, no ámbito da cooperación para o desenvolvemento, que teñan como obxectivo principal a especialización na investigación en cooperación para o desenvolvemento, que consolide liñas de investigación nesta materia no SUG.

Prazo de presentación de solicitudes

Ata o 31 de xullo de 2017


+ INFO