CITI Ourense

ORDE do 31 de decembro de 2017, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2018.


Publicación: DOG 06/02/2018


Organismo que convoca

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria


Obxecto

Esta orde establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas de apoio á etapa predoutoral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Gain, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva. O obxecto do Programa de apoio á etapa predoutoral é outorgar axudas ás universidades do SUG, aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación para a Investigación, Desenvolvemento e Innovación Ramón Domínguez, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e o IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia que contraten persoas tituladas superiores para a súa formación como doutoras e doutores nos seus centros (códigos de procedemento ED481A para as universidades do SUG e IN606A para as demais entidades), con dúas modalidades:


Modalidade A: axudas cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020 destinadas ao apoio á etapa predoutoral para investigadoras e investigadores que desenvolvan un proxecto de investigación en liña cos retos definidos na Estratexia de especialización intelixente de Galicia RIS3 e que teñan unha persoa designada para dirixir ou codirixir a tese que cumpra os seguintes requisitos segundo a entidade solicitante:

  • No caso de solicitudes presentadas por universidades do SUG, que cumpra algún dos seguintes requisitos:
    1. Que estea integrada nun grupo de investigación, nunha agrupación estratéxica ou nun centro de investigación que contara con financiamento da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nalgunha das convocatorias dos anos 2014 a 2017. No caso das agrupacións estratéxicas do ano 2015, teñen que ter superada a avaliación final do programa.
    2. Que estea integrada nunha Unidade de Excelencia María de Maeztu acreditada pola Axencia Estatal de Investigación.
    3. Que sexa unha persoa investigadora contratada pola Gain no marco do programa Oportunius, ao abeiro do Decreto 64/2016 (DOG número 112, do 14 de xuño), polo que se regula o réxime de contratación pola Gain de persoal investigador baixo a modalidade de persoal investigador distinguido.
  • No caso das demais entidades solicitantes indicadas no artigo 2.1, que cumpra algún dos seguintes requisitos:
    1. Ter participado no desenvolvemento de proxectos financiados polo programa Feder-Innterconecta ou contrato programa da Gain entre os anos 2014 e 2017.
    2. Ter sido beneficiario ou ter participado no desenvolvemento de actividades financiadas pola Gain entre os anos 2014 e 2017.
    3. Ter sido investigador ou investigadora principal de proxectos financiados polo Plan nacional de I+D+i durante os anos 2014 e 2017. A entidade beneficiaria deste proxecto, ou proxectos, deberá ser a mesma que a entidade solicitante destas axudas.
    4. Ter participado no desenvolvemento de proxectos financiados polo Programa marco de I+D da Unión Europea entre os anos 2014 e 2017, en proxectos nos que a entidade solicitante participara en calidade de socio.
    5. Ter participado no desenvolvemento de proxectos financiados polo Programa marco de I+D da Unión Europea entre os anos 2014 e 2017, en proxectos nos que a entidade solicitante participara en calidade de líder.

Se durante a vixencia da axuda se produce un cambio na dirección da tese, a nova persoa proposta deberá cumprir os mesmos requisitos polos que a axuda foi adxudicada.


Modalidade B: axudas de carácter xeral de apoio á etapa predoutoral, mediante as cales se garantirá a representación de todas as ramas de coñecemento nesta convocatoria.


Para ambas as modalidades establécese a posibilidade de realizar estadías de tres meses de duración no estranxeiro, que favorezan unha mellora na formación das investigadoras e dos investigadores e que posibiliten que acaden a mención de doutora ou doutor internacional.


Prazo

Un mes, que contará a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación


Procedemento de presentación de candidaturas