CITI Ourense

Proxectos INOU


A Vicerreitoría do Campus de Ourense contando coa achega económica da Excma. Deputación Provincial de Ourense, a partir do Convenio de colaboración anual subscrito entre ámbalas dúas institucións, convoca anualmente as Axudas a grupos de investigación do Campus de Ourense - Proxectos INOU -.


O obxectivo deste programa é apoiar as investigacións que contribúan ao desenvolvemento social e económico da provincia de Ourense e ao coñecemento da súa realidade, así como a especialización do Campus de Ourense – Campus da Auga. Para iso fináncianse proxectos relacionados cos ámbitos socioeconómicos máis propios da provincia, como o turismo, a agricultura e gandería, o comercio, a xestión integral e o aproveitamento de recursos hídricos, especialmente os relacionados co termalismo, ou calquera outro sempre que se xustifique axeitadamente a súa relación coa provincia de Ourense, ou coa especialización do Campus da Auga.


Ao mesmo tempo pretende ser unha vía para que o persoal investigador a tempo completo máis novo, e que teñen máis dificultades para acudir a outras convocatorias, podan poñer en marcha os seus proxectos, contribuíndo tamén a reducir o desequilibrio entre homes e mulleres dedicados á investigación.

Convocatorias de Proxectos INOU