banner

Un ano máis o outono chega cargo de imaxes coa celebración do Outono Fotográfico, que nesta edición contará con 14 obradoiros e 92 exposicións que amosarán a obra de 304 creadores e creadoras en 70 espazos expositivos de 25 puntos da xeografía galega. O campus de Ourense volverá a ter un protagonismo destacado nesta cita acollendo nos seus diferentes espazos seis iniciativas, concretamente cinco exposicións artísticas e unha mostra de recursos bibliográficos da Universidade de Vigo centrados neste eido:

  • XIII Certame de fotografía da Universidade de Vigo, Colectiva, do 2 de novembro a 1 de decembro, fotografías premiadas e seleccionadas, na Biblioteca Rosalía de Castro do Campus de Ourense.
  • Ventás para unha fuga, de Álex Mene, do 3 ao 30 de novembro, na Biblioteca Rosalía de Castro do Campus de Ourense.
  • Mírame, tócame!, exposición do libro de fotografía da biblioteca do campus, do 2 ao 18 de novembro na Biblioteca Rosalía de Castro do Campus de Ourense.
  • Imaxes, xestos, voces, de Mar Caldas e comisariada por Xosé M. Buxán Bran, do 17 de novembro a xaneiro de 2017 na Sala Alterarte.
  • Augas vertentes, foto-documental comisariado por Xosé Lois Vázquez e Celia Simón, do 4 ao 30 de novembro nas cristaleiras exteriores da planta baixa do edificio de Facultades.
  • Caos sensible, de Andrea Valado Díaz, do 7 ao 39 de novembro no estanque do campus norte.