banner

Día Mundial da Auga

O Día Internacional da Auga, 22 de marzo, é unha data que pretende concienciar as persoas da importancia da auga doce e ao mesmo tempo promover a sostenibilidade da xestión deste recurso.

Cada ano, o Día Mundial da Auga destaca un aspecto especíico de auga doce. Baixo o lema “Auga e Auga Residual” o ano 2017 proporcionará unha oportunidade importante para consolidar e continuar avanzando en sesións precedentes do Día Mundial da Auga, todo iso para resaltar a simbiose entre auga e auga residual á hora de avanzar no desenvolvemento sustentable.

Xornadas de portas abertas Campus de Ourense-Campus da Auga

Con motivo da celebración do Día Mundial da Auga, o Campus Universitario de Ourense - Campus da Auga, celebrará o mércores 22 de marzo, unha xornada de portas abertas dirixida a estudantes de educación secundaria e bacharelato das provincias de Ourense e Pontevedra.

O obxectivo é orientar ao alumnado sobre o seu futuro universitario e dar a coñecer a investigación que se está a realizar no marco do Campus da Auga. Neste sentido, decanos/as e directores/as dos centros universitarios do Campus de Ourense - Campus da Auga, presentarán as diferentes titulacións que oferta a Universidade de Vigo neste campus e as súas saídas profesionais. Así mesmo, personal docente e investigador organizarán sesións teóricas e prácticas nas súas instalacións e laboratorios para dar a coñecer a investigación que se está a realizar no marco do Campus da Auga.

A xornada complétase coa presentación da Biblioteca Rosalía de Castro, os programas e a oferta cultural, as instalacións e actividades deportivas e o programa de orientación psicopedagóxica. Por último, ás 13.30 horas, darase a coñecer os/as gañadores/as da III edición do Concurso fotográfico Campus da Auga- Scholaris “Auga, Ciencia e Desenvolvemento Sustentable“ e procederase á entrega de premios.


Programa

Ficha de solicitude de reserva de visita