banner

A Vicerreitoría do Campus de Ourense, no marco do Campus da Auga e co gaio da celebración do Día Mundial da Auga, convoca a III edición do Concurso Fotográfico Campus da Auga (Edición Scholaris), baixo o lema “Auga, Ciencia e Desenvolvemento Sustentable” co obxectivo de valorizar o recurso auga e a súa xestión sustentable, así como promover o coñecemento e visualizar o patrimonio que a nosa provincia ten no eido cultural (histórico, artístico, etnográfico…) relacionado coa auga.

A data límite para a recepción de foto-relatos será o xoves 15 de marzo de 2017.


Ficha de datos do autor da obra

Programa