banner

A FUNDACIÓN DORZÁN é unha entidade sen ánimo de lucro e declarada de Interese Galego pola Xunta de Galicia, que centra a súa actividade no colectivo da terceira idade. Ten por obxecto cubrir necesidades sociais con especial relevancia nas de axuda e asistencia ao colectivo das persoas maiores.

A actividade da FUNDACIÓN DORZÁN desenvólvese na Comunidade Autónoma de Galicia, cun ámbito preferente de actuación na provincia de Ourense, e materialízase en tres liñas de actuación que responden aos seguintes obxectivos: benéfico-social, formativo e divulgativo.

Neste marco convoca a “Bolsa Fundación Dorzán” co obxecto de facilitar apoio económico para a realización dun traballo científico na área de atención ás persoas maiores e dirixido a alumnos ou investigadores que estean altamente motivados para facelo realidade.

O obxectivo é fomentar o estudo ou investigación de técnicas ou protocolos que axuden a mellorar a calidade de vida do maior e que poidan aplicarse con posterioridade noutros ámbitos.


Triptico informativo