banner

Amigos da Terra organiza un taller o mércores 10 de maio na Facultade de Ciencias para mostrar 10 cousas que podemos facer para frear o cambio climático e impulsar unha nova economía.

Cada vez é máis xeneralizado que se fale de cambio climático e das súas repercusións directas tanto aquí como en países empobrecidos (olas de calor en abril, secas, incendios, inundacións, etc). Sen embargo sóese obviar que o actual modelo de produción de enerxía é o principal emisor de gases de efecto invernadoiro con todos os impactos medio ambientais que leva aparellado. Se a isto unimos que o actual modelo enerxético é profundamente inxusto e causa fortes desigualdades, é necesario un cambio. Con este motivo, Amigos da Terra en colaboración ca Facultade de Ciencias organiza, o vindeiro mércores 10 de maio no Salón de Grados de dita Facultade, un obradoiro para mostrar o potencial que temos todas as persoas para transformar o modelo enerxético e construír alternativas.

Así a asociación ecoloxista quere achegar pasos sinxelos que todas podemos levar a cabo e que cambien o modelo cara un que aposte polas enerxías renovables, polo aforro e o uso intelixente da enerxía. É dicir, un sistema enerxético descentralizado, máis democrático, sen dependencias externas e cun alto potencial en canto ao emprego e desenvolvemento de novas tecnoloxías.

A xornada está dentro do proxecto Escola de Sustentabilidade financiado pola Direción Xeral de Cooperación Internacional e ao Desenvolvemento da Unión Europea.


Cando: Mércores 10 de Maio ás 19:00 horas

Onde: Salón de Graos da Facultade de Ciencias, Campus As Lagoas, Ourense


Cartel do Taller.

A túa enerxía pode cambialo todo!