banner

O vindeiro 17 de maio celébrase o día das letras galegas, homenaxeando este ano ao escritor Carlos Casares. Por dito motivo, a Vicerreitoría do Campus de Ourense, xunto coa Biblioteca Rosalía de Castro, organizan unha serie de actividades:


MARTES, 16 DE MAIO, 11.30 h

Adaptación da peza de Carlos casares As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, dirixida por Isabel Mociño e interpretada por estudantado de 4º Grao de Educación Primaria.


As cancións agochadas na galiña azul, con Susana Herrera e estudantado de 2º Grao de Primaria e 3º Grao de Infantil.


DO 13 DE XUÑO AO 7 DE XULLO

As caras dos libros, exposición en torno á obra publicada de Carlos Casares.

día das letras galegas 2017