banner

A Dirección do Festival de Cine Internacional de Ourense/OUFF en colaboración coa Vicerreitoría do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, convoca o proceso de selección do Xurado Universitario da 22.ª edición do Festival de Cine Internacional de Ourense.

O obxecto desta convocatoria é permitir que o estudantado da Universidade de Vigo coñeza o funcionamento do Festival de Cine e participe activamente no desenvolvemento do mesmo, integrando un xurado formado exclusivamente por estudantes universitarios/as que, baixo a dirección do Festival, actuará no proceso de selección da película gañadora do Premio Xurado Unievrsitario que se outorgará nesta edición.


As persoas solicitantes deberán cubrir o impreso de solicitude que figura como Anexo I desta convocatoria. A solicitude presentarase ata o día 8 de outubro, ás 23:00 h.

A solicitude presentarase, xunto coa demais documentación requirida en formato electrónico á dirección de correo electrónico formacion@ouff.org, indicando no asunto “Xurado Universitario”.


Bases da convocatoria e impreso de solicitude

Web do OUFF