banner

Resolución Reitoral do 27 de decembro de 2017 pola que se publica a Convocatoria para a selección de persoas candidatas para a presentación pola Universidade de Vigo de solicitude de axudas para a contratación de persoal técnico de apoio á I+D+i para a Agrupación estratéxica "Centro de Investigacións Agroambientais e Alimentarias", CIA3, na convocatoria 2017 do Programa Estatal de Promoción do Talento e a súa Empregabilidade, do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade.

 

As solicitudes presentaranse entre o 27 de decembro de 2017 e o 4 de xaneiro de 2018, ambos incluídos, no rexistro xeral ou nos rexistros auxiliares de calquera dos tres campus da Universidade de Vigo, ou en calquera dos rexistros previstos na Lei 39/2015 de procedemento administrativo coa obriga de, dentro do mesmo prazo de solicitude, enviar por correo electrónico unha copia dixitalizada da solicitude completa presentada a dir.dinfraou@uvigo.es. É imprescindible indicar no asunto do correo a referencia da praza solicitada. Non se admitirá a trámite ningunha solicitude que non sexa presentada por ambas vías (rexistro e correo electrónico).

Histórico:


Texto completo da convocatoria