banner

O segundo cuadrimestre está a piques de arrancar e con el ábrese unha nova xeira de obradoiros. Neles unha vez máis os membros da comunidade universitaria e cidadáns en xeral poderán formarse alén das aulas nun amplo abano de temas, desde a presentación persoal e a programación informática ata os riscos laborais ou a gaita galega. A programación deste segundo cuadrimestre oferta oito obradoiros, cunha media de 30 horas de formación cada un deles, e un total de 169 prazas.

Seguindo a liña de traballo de edicións anteriores, a programación, comenta Filemón Rivas, responsable de Actividades Culturais do campus de Ourense, mestura a repetición de propostas que tiveron éxito en anteriores edicións con novas opcións xurdidas da iniciativa de membros da comunidade universitaria. Ademais dos obradoiros, lembra, este segundo cuadrimestre continuará a actividade das aulas de teatro e danza que arrancaron no primeiro cuadrimestre e que despois de numerosas edicións xa son unha cita consolidada na programación cultural que organiza a Vicerreitoría do Campus de Ourense. A matrícula en liña estará aberta do 5 ao 16 de febreiro, manténdose o prezo de 40 euros para o público xeral e 26 para os membros da comunidade universitaria.


Ler a nova completa no DUVI


Inscrición nos Obradoiros

Descarga o Catálogo de Obradoiros