banner

Convócase unha nova edición do concurso de microrrelatos no que poderá participar calquera persoa da comunidade universitaria da Universidade de Vigo.

O traballo consistirá nun microrrelato de tema libre que debe iniciarse ou pecharse cun verso dun poema de Rosalía de Castro. Valorarase a elección de versos pouco coñecidos da produción de Rosalía de Castro e, necesariamente, os textos deben estar escritos en lingua galega.


Os traballos deben enviarse ao seguinte enderezo electrónico: culturavicou@uvigo.es nun arquivo de texto, en letra Arial de tamaño 12. No “asunto” debe figurar “A túa Rosalía” e no corpo da mensaxe os seguintes datos: Nome e apelidos, DNI, número de teléfono para contacto e poema do que foi extraído o verso que contén o microrrelato.

O prazo de presentación das propostas remata o 23 de febreiro de 2018.


Bases do concurso