banner

A Área de Deporte organiza a "2ª Semana da muller no deporte" na que se inclúe unha serie de actividades dirixidas que se van a celebrar do 5 ao 9 de marzo nas instalacións deportivas do campus de Ourense. Coincidindo co día internacional da muller ofértanse ao longo deste período, ademais de acceso gratuíto ás salas cardio fitness do campus, unha serie de actividades dirixidas.

O que naceu o ano pasado como un proxecto formativo dentro do programa UTOP da man de Rubén Fernández Arcos, quere consolidarse e este ano se extende aos tres campus coa idea de perdurar no tempo. O que se pretende é animar ás mulleres a participar nas actividades deportivas que se ofertan dende a área e ao mesmo tempo, se coñezan. Queremos que as mulleres utilicen máis as nosas instalacións deportivas e, ao mesmo tempo, coñezan a ampla oferta deportiva que curso tras curso preparamos con tanto agarimo.

Por unha banda, as mulleres terán acceso gratuíto ás salas cardio fitness sen límite de tempo, nin accesos e por outra banda están as seguintes actividades:

  • Zumba: martes e xoves de 20.15 a 21.15 (pavillón universitario)
  • Bailes de salón: martes e xoves de 19.15 a 20.15 (pavillón universitario)
  • Ioga: luns e xoves de 19.00 a 20.00 (Ludoteca do Edificio de Ferro)
  • Chan pelviano: luns e xoves 18.00 a 19.00 (Ludoteca do Edificio de Ferro)
  • Defensa Persoal: luns e mércores de 16.00 a 17.00 (pavillón universitario)
O acceso a todas as actividades é de balde e só é preciso reservar a sesión elixida na plataforma Deporxest.