banner

Un ano máis, o campus de Ourense volverá a abrir as súas portas para homenaxear e difundir a cultura lusófona coa celebración de Português Perto. Aquelas nossas músicas. A oitava edición desta iniciativa, asentada xa no calendario cultural universitario, celebrarase do 12 ao 16 de marzo. Entre as novidades deste ano está unha exposición de banda deseñada sobre as Cantigas de Santa María.

A iniciativa, que conta coa colaboración da Pró-Academia Galega da Língua Portuguesa, a Associaçom Galega da Língua Agal e a Asociación Cultural Algaravía, arrancará como xa vén sendo tradición coa celebración o día 12 de marzo, na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, do obradoiro OPS! O galego como oportunidade competitiva e privilexiada. Nesta ocasión a persoa encargada de impartilo será Graciela Lois, de Agal. Seguindo o modelo dos obradoiros celebrados os catro últimos anos, a sesión terá un carácter principalmente práctico co obxectivo de que os asistentes sexan conscientes das portas que lles abre o galego no mundo, non só desde un punto de vista de enriquecemento cultural senón de desenvolvemento profesional.


Ler a nova completa no DUVI

Portugués preto