banner

A Fundación Dorzán, entidade sin ánimo de lucro que centra a súa actividade no colectivo da terceira idade, convoca a segunda edición da “Bolsa Fundación Dorzán” co obxecto de facilitar apoio económico para a realización dun traballo científico na área de atención ás persoas maiores e dirixido a alumnos ou investigadores que estean altamente motivados para facelo realidade.

O obxectivo é fomentar o estudo ou investigación de técnicas ou protocolos que axuden a mellorar a calidade de vida do maior e que poidan aplicarse con posterioridade noutros ámbitos.

O ámbito da convocatoria esténdese a todo o alumnado matriculado durante o curso 2017-2018 na Universidade de Vigo - Campus de Ourense e ao persoal docente e investigador (PDI) que no momento da convocatoria atópese en situación de servizo activo na Universidade de Vigo.

O prazo para a presentación de solicitudes remata o 21 de maio de 2018.


Triptico informativo
Bases da convocatoria
Folla de inscrición

Bolsa Fundación Dorzán 2018