banner

Día Mundial da Auga

O Día Internacional da Auga é unha data que pretende concienciar ás persoas da importancia da auga doce e ao mesmo tempo promover a sustentabilidade da xestión deste recurso.

Cada ano, o Día Mundial da Auga destaca un aspecto específico da auga doce. Para o ano 2018 este lema é «Solucións para a auga baseadas na natureza» (Nature- based Solutions for Water). Esta celebración proporcionará unha oportunidade importante para consolidar e continuar avanzando en sesións precedentes do Día Mundial da Auga, todo iso para resaltar a simbiose entre auga e auga residual á hora de avanzar no desenvolvemento sustentable.

Xornadas de portas abertas Campus de Ourense-Campus da Auga

Con motivo da celebración do Día Mundial da Auga, o Campus Universitario de Ourense - Campus da Auga, celebrará o xoves 22 de marzo, unha xornada de portas abertas dirixida a estudantes de educación secundaria e bacharelato das provincias de Ourense e Pontevedra.

O obxetivo é orientar ao alumnado sobre o seu futuro universitario e dar a coñecer a investigación que se está a realizar no marco do Campus da Auga. Neste sentido, decanos/as e directores/as dos centros universitarios do Campus de Ourense - Campus da Auga, presentarán as diferentes titulacións que oferta a Universidade de Vigo neste campus e as súas saídas profesionais. Así mesmo, persoal docente e investigador organizarán sesións teóricas e prácticas nas súas instalacións e laboratorios para dar a coñecer a investigación que se está a realizar no marco do Campus da Auga.

A xornada compleméntase con outras actividades dirixidas a mostrar a oferta cultural e deportiva, instalacións, servizos e programas de apoio o alumnado cos que conta o Campus de Ourense – Campus da Auga. Ademáis, ás 11.30 horas, darase a coñecer os/as gañadores/as da IV edición do Concurso fotográfico Campus da Auga- Scholaris “Auga, Ciencia e Desenvolvemento Sustentable” e procederase á entrega de premios.


Programa

Ficha de solicitude de reserva de visita