banner

A Biblioteca Rosalía de Castro do Campus de Ourense (Universidade de Vigo) convoca un Certame de Haikus con motivo do Día do Libro o 23 de abril do 2018, no marco dunha actividade de difusión da cultura xaponesa que iniciamos este ano coa organización dunha mostra bibliográfica.

O haiku é un tipo de poesía xaponesa que consiste nun poema breve de tres versos sen rima, formados tradicionalmente por 5, 7 e 5 sílabas, respectivamente. Estes metros poden ser flexibles e escribirse haikus cun número de sílabas lixeiramente distinto. Os haikus expresan emocións, amosan unha escena da natureza… sempre cunha linguaxe sinxela.

Os haikus enviaranse por correo electrónico a culturavicou@uvigo.es, indicando no asunto "Certame de haikus" e con 2 arquivos en PDF, un deles co haiku a concurso e o outro cos datos persoais: nome e apelidos, teléfono de contacto. No caso de que a mesma persoa envíe máis dun haiku ao certame, deberá enviar un correo por cada un deles.

A data límite de envío dos orixinais será o 23 de abril do 2018.


Bases do certame

Certame de haikus 2018